Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 14/06/2017 13:51

Proba os teus dotes de escalador no Campus Milenium

Prueba tus dotes de escalador en el Campus Milenium

Probaches algunha vez a escalar unha forte pendente? No noso Campus Milenium poderás porche a proba sen necesidade de escaparche a afastadas montañas! Porque unha das actividades previstas é a escalada no rocódromo do frontón de Riazor, da man de expertos deportistas de montaña membros da Asociación de Montañeiros Independentes (AMI), con moitos anos de actividade formativa e competitiva ás súas costas. Como en todas as actividades do noso Campus, o nivel de dificultade será adaptado á túa idade e condicións físicas, e o que che aseguramos en calquera caso é un bo intre de diversión.

Se non o coñeces, contámosche que o rocódromo de Riazor conta con múltiples vías, tanto paneis verticais como esborralles e teitos para a práctica deportiva da escalada durante todo o ano, grazas ao acordo entre AMI e o Concello da Coruña, titular das instalacións.

Xa sabes a nosa lema do campus, este verán temos un plan que vas quedar xeado!

Reunión informativa

O sábado día 24 o club celebra unha sesión informativa de presentación do Campus Milenium dirixida ás familias de todos os participantes. Será ás 18:00 horas na polideportiva de Riazor número 2. Nela informaremos de todo o necesario para o desenvolvemento do Campus e presentaremos aos monitores de cada grupo.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city