Prezos populares para o playoff do Leyma Coruña

O Leyma Coruña lanza a campaña para os playoffs de ascenso a ACB cuns prezos populares para #LlenarRiazor. A primeira fase dará comezo a semana inicial de maio, e os laranxas xogarán o seu primeiro partido en casa (e terceiro da serie) o venres 11 ás 21.00 horas e se é necesario un cuarto será o domingo, en horario por determinar.

O custo para o público xeral maior de 25 anos é de 10 € para un partido, mentres que por 15 ? pódese obter o pack para os dous posibles encontros como local da primeira rolda. No caso de menores de 25 anos o prezo dunha entrada será de 5 euros e 8 no caso do pack.

Para o público abonado durante a tempada regular, repítense os prezos de 10 e 15 euros na categoría senior, bonificados cunha promoción dúas por un, xa que inclúe unha entrada de cortesía en ambas as modalidades dun partido ou eliminatoria completa.

Ademais, os abonados júnior (menores de 18 anos) recollendo a entrada no club e presentando o seu carné no acceso, poderán acurdir de forma gratuíta ao Palacio dos Deportes de Riazor.

Doutra banda, os socios asamblearios do club, tamén gozarán dunha promoción especial para actuar como emjadores da causa laranxa, podendo adquirir ata 2 bonos de eliminatoria, ao prezo de 5 € cada un.

A venda de abonos para os play off de ascenso á liga ACB habilitarase a próxima semana.