Presentado o convenio de colaboración: Dépor e o Básquet Coruña

O Real Club Deportivo e o Club Básquet Coruña asinaron este mediodía un convenio de colaboración para beneficio dos socios de ambas as entidades e para a realización de actividades conxuntas en favor do deporte e da sociedade coruñesa. No acto de firma estiveron presentes Juan Carlos Fernández Ferreiro, presidente do Club Básquet Coruña e Martín Pita, conselleiro da área social do Real Club Deportivo.

Grazas a este acordo, os socios do Deportivo que, a partir deste momento, desexen abonarse para seguir ao Leyma Básquet Coruña, terán un 20% de desconto no carné de socio para a tempada, uns carnés que van desde os 60 ? (Abono familiar: dous adultos e fillos menores de 18 anos) aos 10 ? (Infantil, ata 12 anos), pasando polos 45 ? de sénior (a partir de 18 anos) ou os 25 ? de Especial (universitarios, parados, xubilados, discapacitados e menores entre 13 e 18 anos).

Pola súa banda, os abonados do Leyma Básquet Coruña poden beneficiarse dun 15% de desconto se, desde hoxe, desexan darse tamén de alta como novo socio do Deportivo nas bancadas de Tribuna (Superior, Inferior e Dianteira) e Preferencia Superior.

Ademais, os xogadores de categorías inferiores de ambos os equipos poderán acudir aos partidos do outro Club e ao longo da tempada organizaranse actividades conxuntas para a promoción do deporte, o irmandamento das afeccións e a colaboración con entidades sociais da cidade.

Como colofón ao acto desta mañá, o vindeiro venres o Real Club Deportivo recibirá unha homenaxe por parte do Leyma Básquet Coruña polo seu ascenso a Primeira División. O partido ante un dos grandes equipos da categoría, Ford Burgos, dará comezo ás 21:00 horas no Palacio dos deportes de Riazor.

Para ver rolda de prensa do acto, facer aquí