Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 30/08/2017 17:22

Preselección galega para un dos nosos cadetes en setembro

Preselección gallega para uno de nuestros cadetes en septiembre

Os próximos días 9 e 10 de setembro (sábado e domingo respectivamente), o noso xogador cadete masculino Jorge García Barreiro, foi convocado para a concentración da preselección galega da súa categoría que se celebrará en Marín.

O corpo técnico conformado por Diego Fernandez López (actualmente adestrador do Santo Domingo de Betanzos de Liga EBA), Héctor Méndez Vidal (adestrador axudante) e Marcos Pereira Bartolomeu (delegado), convocaron a 17 xogadores para esta preselección. Este staff ten tamén grandes doses de sentimento laranxa, xa que Héctor é un dos adestradores con maior traxectoria no noso club, facéndose cargo este ano do equipo infantil de 1ª división. Ademais Diego Fernández, o adestrador principal, tamén ten pasado recente laranxa.

A convocatoria de preseleccionados, terá lugar, como dixemos antes, en Marín, os días 9 e 10 de Setembro na Residencia San Narciso, onde están citados os xogadores ás 11:30 da mañá do sábado.

Os adestramentos serán de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 os dous días.

Moita sorte Jorge!

No Club Básquet Coruña estamos encantados de ver como seguen crecendo os nosos xogadores!








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro