Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 10/05/2016 11:50

Prezos rebaixados para #EncherRiazor nas semifinais de ascenso á ACB

Precios rebajados para #LlenarRiazor en las semifinales de ascenso a la ACB

O Leyma Básquet Coruña regresa hoxe de Melilla disposto a seguir ofrecendo espectáculo e baloncesto con maiúsculas, esta vez en casa e arroupados pola súa afección, da que espera que alague as bancadas do Palacio dos Deportes de Riazor. As citas son este venres 13 ás 21:00 horas e o domingo 15 ás 12:30.

En fronte, un gran Melilla Baloncesto ante quen os laranxas lograron este pasado fin de semana un valioso empate a domicilio (1-1) no arranque da serie de semifinais ao mellor de cinco partidos. Segue o soño e a pugna polo ascenso á ACB.

Co obxectivo de #LlenarRiazor e que a marea laranxa axude a insuflar nos xogadores a enerxía e inspiración que necesitarán na pista, o club estableceu uns prezos populares para os dous encontros que se aproximan.

Concretamente, rebáixase o prezo da entrada xeral para os adultos, que só pagarán 10 euros, e establécese unha entrada nova -que inclúe nenos e menores de 25 anos- a un prezo único de 5 euros. Co mesmo criterio simplificáronse os tipos de entradas para os abonados, con só tres prezos: adulto, 5 euros, mozo -menores de 25-, 3 euros e familiar, 8 euros. Como é habitual os xogadores/as do club teñen o acceso gratuito.

As entradas xa están á venda tanto na web do Club Básquet Coruña como presencialmente nas oficinas do club -Arquitecto Rei Pedreira, 3-, ou en despacho de billetes, dúas horas antes de cada partido.

Axúdanos a #LlenarRiazor! Todos co sentimento laranxa!








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro