Primer equipo | 02/01/2019 12:34
Por reis, regala baloncesto

O Leyma Coruña dá o pistoletazo de saída á súa campaña de abonados de metade de tempada baixo a lema "Por Reyes regala baloncesto". Unha gran oportunidade para gozar do Leyma Coruña, coñecer #OFornodeRiazor e vivir de primeira man o sentimento laranxa.
As categorías seguirán sendo as mesmas. No caso dos abonos senior hai unha redución no prezo, que pasa a ser de 60 euros. Mantense o prezo de 10 euros para os carnés de fillos de socios e irmáns de xogadores, o chamado 'Familiar Club'.
No caso da carne especial (menores de 25 anos) a contía é de 35 euros e 110 euros no caso do familiar (pai, nais e fillos/as menores de 18 anos).
Comeza unha gran oportunidade para todos aqueles afeccionados ao baloncesto e todos aqueles que non coñezan o sentimento laranxa, co obxectivo de que se contaxien da enerxía do Leyma Coruña, gozar do ambiente de #OFornodeRiazor e vibren co noso equipo, que se atopa nun gran momento de forma, tras sumar cinco triunfos consecutivos.