Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Equipos base | 27/05/2016 13:14

Partido con billete para a fase final de liga galega.

Partido con billete para la fase final de liga gallega.

O equipo Básquet Coruña Leyma 04 mini feminino xógase este fin de semana en Culleredo o seu pase á fase final entre o oito mellores equipos da liga galega. O partido disputarase o sábado a partir das 10 horas no pavillón do Burgo e, para conseguir o pase como segundo do grupo Norte, necesita gañar ou perder por menos de tres puntos.

As nenas do mini feminino chegan ao último partido da fase de grupos para gozar despois de traballar moito durante toda a tempada e sorprender con excelentes partidos ao longo desta última fase da competición.

Será un partido bonito e vibrante, pero, sobre todo, igualado. O dez van gozar e tamén farán gozar ao público que acuda a velas porque son capaces de todo. Reclaman a pais, amigos e resto de equipos do club que acudan ao pavillón do Burgo porque o seu apoio pode ser fundamental nun encontro que se prevé tan equilibrado.

Na liga local, Culleredo gañou por dez puntos, aínda que na liga galega, foi o Básquet Coruña Leyma 04 quen venceu, por apenas tres puntos. Un average que agora debe manter para conseguir o billete á final entre oito.

As pequenas buscarán unha vitoria que certifique unha excepcional e intensa tempada, que podería terminar co gran premio da fase final. Pase o que pase no partido, será a guinda ao último ano na categoría de moitas delas e a mellor oportunidade para que o público véxaas en acción.

 








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro