Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 30/03/2017 12:55

Partido clave para as opcións laranxas nos playoff de ascenso á ACB

Partido clave para las opciones naranjas en los playoff de ascenso a la ACB

A só cinco xornadas de finalizar a liga regular, este domingo ás 12:30 horas en Riazor o Leyma Coruña mídese a outro grande, a Unión Financeira Baloncesto Oviedo, que na presente tempada finalizou a primeira volta no máis alto da táboa, un fito que culminou gañando cópaa Princesa nun histórico partido contra Burgos.

O conxunto ovetense é un rival directo do Leyma Coruña na loita polos postos altos da táboa e chega ao choque con só unha vitoria de vantaxe sobre os de Tito Díaz. Se os coruñeses logran gañar por máis de 10 puntos (no partido de ida os laranxas perderon por 82-72) estarían en condicións de arrebatar a quinta praza a Oviedo e darían un paso de xigante para acceder aos play-off con factor cancha a favor.

Conscientes da transcendencia deste encontro, o Leyma quere contar co apoio do seu público. O equipo, máis que nunca, necesita o pulo da súa afección para aspirar a repetir os inesquecibles playoffs de ascenso á ACB vividos na pasada tempada.

Promocións para as entradas do partido

Por iso, o club puxo en marcha varias iniciativas. Os socios e abonados poderán convidar os seus amigos e familiares ao partido por un prezo popular de 2 entradas por 10 euros no caso de adultos e de 5 euros dous nenos. Ademais, grazas ao apoio especial de Coca Cola para este encontro, segue en marcha o sorteo de 10 entradas dobres a través da conta de twitter do club.

Kyle Rowley, na sede do club

Mañá xoves e o venres, en horario de 19:30 a 20:30 horas, o xogador Kyle Rowley estará nas oficinas do club baloncestístico para entregar persoalmente as entradas a todos aqueles que acudan a adquirilas nese tramo horario.

Este domingo, cita ineludible no Palacio. Nós e os nosos amigos. Imos laranxas!!

 









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro