Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 14/01/2014 21:00

Os números do Club Baloncesto Breogán

Os números do Club Baloncesto Breogán

Esta semana o Leyma Natura enfrontarase ao Breogán de Lugo, o partido será o vindeiro sábado ás 19 horas no Palacio dos Deportes de Riazor.

No partido da primeira volta disputado no Pazo Provincial, o Leyma Natura levou o gato á auga nun emocionante partido no que os laranxas se impuxeron por unicamente 3 puntos de diferenza (69-63).

Nestes momentos, o Breogán, marcha en terceira posición na clasificación con 11 vitorias e 4 derrotas, anota unha media de 71,4 puntos e recibe 66,2, sendo o equipo que menos puntos recibe da liga.

Os lucenses contan cun persoal amplo de 12 xogadores, aínda que contan coa baixa do ex Básquet Coruña, Manu Gómez por lesión. No posto de base repártense os minutos Dani Rodríguez e Adrián Chapela, con máis protagonismo para o primeiro deles con 29´de media por partido nos que anota 11,2 puntos e reparte 3,3 asistencias, polo seu lado, Chapela xoga algo máis de 10 minutos. A liña exterior confórmana o escolta Mcgee, é o exterior que máis minutos xoga 27´por partido, nos que anota 13 puntos e 4,5 rebotes por partido cun 38 % en tiros de 3 puntos; Álex López, que en 22 minutos de xogo achega 6,8 puntos e 3,5 rebotes; Palsson, 21 minutos 6,7 puntos e 2,7 rebotes; e o Ex Leyma, Pablo Almazán que xoga 23 minutos achegando 3,3 puntos e 3,4 rebotes. O xogo interior celeste é de máximo nivel, liderado por Michel Diouf, o senegalés é o máis valorado do equipo e o que máis minutos xoga, 30´p.p., achegando 13,8 puntos e 7,2 rebotes por partido; a súa parella habitual é Roland Schaftenar que tamén centra moitos minutos de xogo, 27´p.p. e achega 11,3 puntos e 6,4 rebotes; Adrián Laso, un xogador cedido polo Fuenlabrada e que semana a semana vaise integrando máis no equipo e que xoga 13´de media achegando 4,3 puntos e 3,3 rebotes. Álex Bortolussi completa unha grandísima persoal.

O Breogán son o 6º clasificado en % de Tiros de 2 puntos cun 50% de acerto, o 13º en tiros de 3, e o 4º en tiros libres cun 74.5 % de acerto. O 5º que máis rebotes captura.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city