Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 23/08/2017 20:27

Os maiores da canastra pequena xa teñen adestradores

Los mayores de la canasta pequeña ya tienen entrenadores

Catro son os equipos de minibásquet cos que contaremos no Club Leyma Básquet Coruña para esta campaña, á espera de saber se será necesario formar un equipo feminino máis. A continuación, presentamos aos técnicos que se farán responsables do segundo banzo da nosa canteira.

Jorge Lopez Mosquera, Adestrador Superior que se fará cargo do equipo da 1ª División minibásquet masculina, o Básquet Coruña U12. Con experiencia no club e cunha importante experiencia dirixindo diferentes equipos; gañando o Campionato Galego Alevín con Básquet Coruña e sendo seleccionador galego alevín e infantil en diferentes etapas. Jorge leva tres anos consecutivos facéndose cargo do alevín de 1ª división, e conseguindo en todas as ocasións que os equipos finalizasen as tempadas cun gran salto de calidade.

Javier Riestra, tamén Adestrador Superior, dirixirá ao equipo de 1ª División minibásquet feminina, o Básquet Coruña Leyma U12. Tras un parón na súa colaboración co club, Javier regresou a campaña pasada para adestrar a esta mesma xeración no seu primeiro ano como alevíns. Agora, coñecendo as características das mini e sabendo o que poden evolucionar, enfrontarase ao reto da 1ª División. A experiencia de Javier no baloncesto galego está fóra de toda dúbida para liquidalo con éxito.

Adrián Alvarez, adestrador con título de 2º nivel e asistente ao prestixioso Campus Elite Jove de Solsona, terá a responsabilidade de levar ao 2º equipo de minibásquet masculino, o Básquet Coruña U11. Adrián conta con moitísima experiencia á hora de dirixir equipos. En Ourense, a súa cidade natal, se curtió, pero pasou tamén polo Rosalía en Santiago, dirixindo aos Cadetes masculinos de 1ª División e ao Junior Local. No Club Básquet Coruña será o responsable de sacarlle todo o partido aos mozos da xeración do 2007 que o ano pasado xa brillaron quedando cuartos de Galicia en preminibásquet. Dará tamén soporte como adestrador axudante no Cadete masculino de primeiro ano.

Alberto Vázquez, Adestrador Superior que a tempada pasada conseguiu a permanencia do infantil masculino de 1ª división, e clasificar ás máis pequenas do Preminibásquet para a fase final da liga FGB. Compaxinará os adestramentos do 3º equipo minibásquet masculino, o Básquet Coruña U12/11, coa dirección do Junior Masculino, polo que xa foi presentado no seu momento con máis detalle.

Á espera de saber se será necesario formar un segundo equipo de minibásquet feminino, o responsable sería Roberto Fernández, que tamén se fai cargo do 3º Infantil masculino como comentamos en noticias anteriores.

Cos nomes deste catro adestradores que contan cunha alta cualificación como técnicos, finalizamos o penúltimo capítulo do staff técnico da canteira do Club Básquet Coruña, desexándolles a todos unha tempada chea de boas experiencias, aprendizaxe e éxitos.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city