Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Sammic Hostelería 72-71 Leyma Coruña · 01/10/2017 18:00 POL. MUNICIPAL DE AZPEITIA

Primer equipo | 16/03/2017 15:54

Os laranxas mídense contra un rival directo na loita polo playoff

Los naranjas se miden contra un rival directo en la lucha por el playoff

A pista do Palacio dos Deportes de Riazor acollerá mañá venres ás 21:00 horas a dous rivais directos na pugna por facerse un oco nos playoffs de ascenso á ACB, polo que a vitoria terá dobre valor para quen a conquiste. Así o lembrou o técnico laranxa Tito Díaz na súa previa do partido, para o que os seus se prepararon a conciencia nunha boa semana de adestramento.

Unha premisa importante se queren vencer a un equipo cunha traxectoria similar á do conxunto laranxa. Empezaron con forza e bos resultados no arranque de tempada e agora recuperaron a estabilidade tras os reaxustes provocados pola saída da base Luka Rupnik cara á liga Endesa (Fuenlabrada) en novembro. Un oco que tras varios tanteos ocupa finalmente José Simeón, acompañado polo mozo Marc Rubín. En opinión de Tito Díaz, forman unha boa parella de bases, polo seu papel defensivo e director, ademais de dar ritmo a un equipo que como o Leyma Coruña aposta polo xogo rápido en toda a pista.

A este estilo contribúen xogadores exteriores como Garrett Nevels, que xa despuntou a pasada tempada na liga EBA e que segue en progresión imparable, o veterano Mikel Feliu, un tres que ás veces xoga de catro, así como os beirados Gerard Sevillano e Juampi Sutina. Todos eles obrigan ao rival á máxima atención no un contra un e nas transicións defensivas para frear un xogo exterior moi compensado e agresivo, especialmente en defensa.

Na pintura, ademais dos minutos de Feliu como catro abrindo o campo, Tito Díaz destacou o bo papel que está a realizar o mozo Marc Martí, bo defensor e rápido, que se alterna con Leo Demetrio, cedido polo Fuenlabrada, así como o recente regreso de Kregor Hermet. E, xunto a eles, os pivotes Papa Mbaye e Alfons Alzamora.

Finalmente, lembrou que o rival de mañá xoga especialmente ben contra equipos fortes e que na presente tempada gañou seis partidos a domicilio, algúns en pistas difíciles como recentemente en Lugo fronte ao Café Candeas Breogán. Por tanto, un duelo importante para o que Tito Díaz pediu o apoio da afección laranxa, o mesmo que sen dúbida axudou aos herculinos a vencer hai dúas semanas fronte ao conxunto de Cáceres.

Documentos adjuntos

audio-tito-diaz-previa-j28.m4a










federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiawibociudad cristalhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial