Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 21/03/2017 17:55

Oferta especial para animar ao Leyma Coruña no derbi ante o Café Candeas Breogán

Oferta especial para animar al Leyma Coruña en el derbi ante el Café Candelas Breogán

Tras a súa recente vitoria en Riazor fronte ao Actel Força Lleida, o Leyma Coruña quere seguir apontoando a súa posición na táboa co obxectivo de disputar por segundo ano consecutivo a fase de playoff de ascenso á ACB.

Todo un reto nunha liga moi igualada e cunha cita inmediata das complicadas: o choque ante o todopoderoso Café Candeas Breogán e na súa pista, este venres ás 20:45 horas. Os de Tito Díaz queren sentir o apoio da afección laranxa neste novo Derbi Romano que augura gran baloncesto e emoción, e para iso o club herculino facilita a compra de entradas e o transporte ata Lugo.

Os interesados en acompañar ao equipo poden reservar xa as súas entradas na sede do Club Básquet Coruña por un prezo de 15 euros no caso dos adultos e 5 euros os menores de 18 anos. No caso dos maiores de 65 anos o prezo é de 10 euros, do mesmo xeito que os estudantes con carné universitario, se son menores de 25 anos. O prezo da entrada inclúe o desprazamento en bus e bocadillo para o regreso, grazas á colaboración de J. Pombo Autocares e de Jamonería Sieiro.

O autobús fretado polo Club sairá ás 19:00 horas desde a chaira de Riazor.

A reserva de entradas poderá realizarse ata este xoves na sede do club coruñés -Arquitecto Rei Pedreira, 3- en horario de 10 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 horas. #derbiromano










federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiawibociudad cristalhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial