O partido de onte dedicado a AFACO

O partido que na noite de onte, enfrontou ao Leyma Básquet Coruña e ao Clínicas Recuncho Axarquía de Málaga, foi dedicado, dentro do proxecto “13 partidos…13 causas solidarias” á Asociación de familiares enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO).

No descanso do partido, D. Gonzalo Moura, directivo responsable da área do Club, fixo entrega á Presidenta de AFACO Dna. Mª da Carmen Martínez, dunha foto asinada polo primeiro persoal do Leyma Básquet Coruña. Con esta foto, xunto coa visita realizada por todos os xogadores do  equipo o pasado mércores ao Centro Terapéutico da entidade, o Club desexa mostrar o seu agradecemento á asociación polo traballo que realizan día a día en favor de todo o colectivo de persoas afectadas polo Alzheimer e polos seus familiares.

Grazas polo voso traballo.