Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 20/01/2015 10:16

O Leyma xa prepara o partido contra o Huesca do venres

El Leyma ya prepara el partido contra el Huesca del viernes

O vindeiro venres ás 21 horas no Palacio dos Deportes de Riazor, o Leyma Básquet Coruña recibirá a visita das Penas Huesca. O equipo oscense, ocupa nestes momentos a 13ª posición na clasificación con 5 vitorias e 11 derrotas. No partido da primeira volta as Penas levase a vitoria por 10 puntos (83-73) nunha mala segunda parte dos nosos.

Co obxectivo de levar a vitoria neste partido, o equipo volveu no día de onte aos adestramentos, fíxoo cunha dobre sesión do mesmo xeito que no día de hoxe. 

Doutra banda, esta será unha semana con moita actividade no social xa que hoxe pola tarde unha representación do primeiro equipo estará na aula que a “Obra social A Caixa” ten no Hospital Teresa Herrera – Materno Infantil da Coruña, para visitar aos nenos que nestes momentos atópanse ingresados neste centro. Ademais desta visita, hai outras dúas visitas previstas a centros escolares para esta semana, dentro do programa “Colexios con Gancho”, serán mañá mércores ao CEIP  María Barbeito e ao Parga Pondal.

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city