O Leyma xa prepara o partido contra o Breogán

Tras 4 días de vacacións despois do amigable do pasado xoves en Carballo, o equipo volveu o martes aos adestramentos cunha dobre sesión, do mesmo xeito que hoxe martes, mañá farao só de tarde.

Nestes momentos a semana marcha sen contratempos, e todo o persoal está a adestrarse ás ordes de Perico Diaz. Ademais, o Leyma contou onte  co reforzo de Pablo Pizarro, o xogador junior que xa o ano pasado estivera adestrado a final da tempada co primeiro equipo, volveu esta semana a reforzar o grupo de traballo, ao igual dos xa habituais Marcos Escobar e Rubén Rei.

Este partido foi declarado como xornada de apoio ao Club. Un pequeno esforzo da seguido res que representará unha gran axuda para a nosa entidade. 

Prezo das entradas:

Entrada Ordinaria: 15 euros

Entrada Infantil (menores de 18 anos): 6 euros

Abonados maiores de 18 anos: 10 euros

Abonados menores de 18 anos: Gratis  

Poderedes adquirir anticipadamente as entradas nas oficinas do club (Avenida da Habana, estadio de Riazor) de luns a xoves, en horario de 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 19:00 h e venres de 10 a 13:30 h; o domingo, desde unha hora antes de comezar o partido. Xunto coa entrada, aos abonados entregarásevos unha rifa para participar no sorteo dun magnífico agasallo que se celebrará ao finalizar o terceiro cuarto do partido.