Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 24/03/2014 10:57

O Leyma Natura cae derrotado en Andorra

El Leyma Natura cae derrotado en Andorra

Era unha empresa difícil, o equipo desprazábase a Andorra coas baixas de Jesús Castro e Sexan Ogirri, un hándicap que fronte ao líder da competición non puido liquidar.
O partido non comezou ben para os nosos, o equipo daba a cara en defensa pero custáballe atopar fluidez no ataque, así comezaba o partido cun parcial de 9-0 para os locais, a partir deste momento o Leyma Natura foi a remolque durante o corenta minutos. Con esa desvantaxe chegouse ao final do primeiro cuarto (18-9).
No segundo cuarto as cousas non cambiaron e o Leyma non conseguía superar a agresividade defensiva do River Andorra e, aínda que mostraba un alto nivel defensivo, as diferenzas no marcador continuaban aumentando ata chegar ao descanso cunha desvantaxe de 17 puntos no marcador. (38-21).
Tras o descanso, o equipo reaccionou e mostrou a súa mellor versión, aumentou o seu nivel de intensidade e púxose ao nivel que marcaba o partido, reduciu vantaxes no marcador. O Leyma Natura reducía a súa desvantaxe ata os 9 puntos e daba a impresión de que podía competir o partido. Nos mellores momentos do Leyma, cando mellor estaba a xogar apareceu o talento individual do River Andorra para con dúas canastras sobre a bucina sentenciar o partido a favor dos locais.
A próxima xornada será este venres no Palacio dos Deportes fronte ao Burgos, un partido complicado no que o Leyma Natura deberá novamente dar o mellor de si mesmo para obter un resultado positivo que lle axude a manter a pugna polo factor cancha nos Play Off.
 RIVER ANDORRA MORABANC  79: López (13), Navarro (10) ,P. Sánchez (2), Jordi Trías (14), Hampl (2) -quinteto titular- E. Sánchez (2), M. Blanch (3), Zengotitabengoa (7), Martí (2), Shaun Green (19).
LEYMA NATURA BÁSQUET CORUÑA 62: Óscar Ferreiro (3), Anxo Hernández (2), Haanpää (0), Cain (14), Cabanas (22) -cinco inicial- Amoke (12), Javi Lucas (9), Noguerol (0).
 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city