Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 05/01/2015 09:16

O Leyma estrea o ano con derrota en Lleida (69-65)

El Leyma estrena el año con derrota en Lleida (69-65)

Enfrontábanse en Lleida dous equipos separados por unicamente unha vitoria na clasificación, o que facía presaxiar un partido igualado. O Leyma comezou ben o partido, mandando no marcador, pero esta iniciativa durou unicamente 5 minutos (5-10), o tempo no que Rowley viu sinalada a súa segunda falta. A partir de aí co pivot no banco o equipo local comezou a dominar claramente o rebote nos dous aros e a lograr segundas opcións que se converterían en canastra. Así, o Lleida logrou igualar o marcador e, cun parcial de 13 a 3 íanse ao termo do primeiro cuarto cunha vantaxe de 5 puntos no marcador. (18-13)

O segundo período seguiu polos mesmos camiños que terminou o primeiro, cun dominio esmagador no rebote e con moito desacerto por parte dos nosos no tiro exterior, algo que impedía gozar de fluidez en ataque, mentres que os locais, cun 5 de 6 en triplos neste período íanse distanciando aos poucos no marcador ata alcanzar unha renda de de 10 puntos ao descanso. (35-25).

Tras o paso polos vestiarios, a cousa non cambiou demasiado, os nosos seguían mostrando moito desacerto no tiro, o que , neste momento engadíanselle as perdas de balón, o que aproveitaban os locais para seguir distanciándose no marcador e alcanzar unha vantaxe que chegou a alcanzar os 22 puntos de diferenza ao finalizar o terceiro período.

Pero o equipo non veu abaixo, empezou a aparecer o acerto e a incrementarse a intensidade defensiva, defendeu cada liña de pase ata o final; de aquí viñeron varios roubos de balón que terminaron en contraataque. As distancias no marcador víanse reducidas a pasos axigantados de feito, a falta de máis  de 2 minutos, o Leyma lograba porse a 6 puntos do Lleida. Finalmente, a remontada non se consumou, pero logrouse manter o average particular a favor, xa que o Leyma venceu na Coruña por 7 puntos.

O vindeiro venres, o Leyma terá unha nova oportunidade de volver á senda da vitoria, será no Palacio dos Deportes fronte ao Mywigo Valladolid.

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city