Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 02/12/2018 22:22

O Leyma Coruña suma a segunda vitoria do curso ante o ZTE Real Canoe (85-59)

El Leyma Coruña suma la segunda victoria del curso ante el ZTE Real Canoe (85-59)

O Leyma Coruña cultivou unha importante vitoria ante o ZTE Real Canoe (85-59) e confirmou a súa melloría, logrando romper a serie de nove derrotas seguidas. Un triunfo que non foi tan cómodo como o que reflicte o marcador, aínda que os de Gustavo Aranzana sempre estiveron por diante no luminoso.Unha vitoria na que participaron os junior da canteira laranxa Rubén Souto e Jorge García, este último anotando un triplo.

Os coruñeses iniciaron cunha alta porcentaxe na liña de tres, por encima do 40 % no primeiro cuarto, que fixo crecer ao equipo defensivamente no rebote, á hora de tocar moitos balóns e defender ben o un contra un, que controlaron no primeiro acto moi ben os laranxas (21-18).

Máis do mesmo no segundo cuarto, aínda que os herculinos deron un golpe de porca máis e grazas ao bo facer no rebote e ao control da defensa, o Leyma logrou irse no marcador (42-29).

Consciente o cadro laranxa de que esa era a liña a seguir, non empezou no entanto moi ben o terceiro cuarto o conxunto local, con numerosas perdas en ataque e máis precipitación e peores opcións de tiro que na primeira parte. Baixou a porcentaxe, dando opcións a Canoe de correr e a gañar o rebote de ataque no terceiro cuarto, liderado por Tyson. O equipo madurou e foi capaz de asentarse no ritmo de xogo e atopar o que lle viña ben (64-49).

Ao cabo, co partido controlado chegaría a segunda vitoria desta campaña (82-59), que cambia a cara pensando xa no encontro ante o Barça Lassa o vindeiro sábado. Un bo debut, ademais, de Jeff Xavier, con catro asistencias e collendo sensacións.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city