Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Levitec Huesca · 26/04/2019 21:00 Palacio de los Deportes || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U17 - Carballo a un paso Artai · 28/04/2019 17:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18/17 - Sto Domingo Betanzos · 27/04/2019 16:00 Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Giraldo CBV - Básquet Coruña Leyma C · 27/04/2019 12:00 Castelao || Cadete Masc. 1ªDiv: Sigaltec - Básquet Coruña C · 27/04/2019 12:00 Fontecarmoa 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: KFC Culle B - Básquet Coruña Leyma U16 · 27/04/2019 20:00 Pabellón O Burgo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 - Suministros Carreiras · 27/04/2019 18:00 Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: Bosco Salesianos 05 - Básquet Coruña I · 27/04/2019 12:00 Polid. Salesianos || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Muebles Victoria Barco · 28/04/2019 12:00 Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos - Básquet Coruña Leyma I · 28/04/2019 12:00 Betanzos || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U13 - C.Mariano- Franciscanas · 28/04/2019 12:00 Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Básquet Coruña Leyma U12 · 01/04/2019 18:00 Pazo Anexo, Lugo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - Aringal Ingenieros · 27/04/2019 10:00 Ventorrillo || Infantil Masc. 3ªDiv: Sto Domingo Betanzos - Básquet Coruña U14/13 · 28/04/2019 12:20 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Top Quality Cambre - BC Cristo Rey (Infantil) · 27/04/2019 17:30 Elviña II

Primer equipo | 11/04/2019 13:48

O Leyma Coruña quere lograr o triunfo da tranquilidade ante Tau Castelló

El Leyma Coruña quiere lograr el triunfo de la tranquilidad ante Tau Castelló

O Leyma Coruña recibe este venres ás 20.45 horas a visita do Tau Castelló, que cun balance de 12-18, está un posto por encima da táboa. Gustavo Aranzana recoñece a importancia do encontro ante a escuadra de Toni Ten, pero admite que o afrontan con tranquilidade.

"É un duelo de moita transcendencia pero que o equipo ten que afrontar con tranquilidade e seguridade en que imos facer as cousas ben, que faremos un bo traballo e que sacaremos un triunfo que nos dará tranquilidade. Non hai nervios, nin ningunha urxencia, vimos de competir ben no último partido, non puidemos gañar en Oviedo pero ningunha queixa do traballo dos xogadores", comenta o técnico.

O adestrador valisoletano desfíxose en eloxios cara a se rival. "Vainos a apertar, vén ofrecendo boas sensacións nos últimos partidos, está ben dirixido e que xoga ben a baloncesto. Teñen unha liña exterior boa, poden postear e facer o xogo de exterior-interior preto do aro, xogar pivotes abertos... É un rival con moito equilibrio e moi complicado ", aclara.

Un conxunto ao que se impuxeron na primeira volta (59-72). "A primeira volta fixémolo moi ben, soubemos defender ben, fomos verticais e agresivos e sacamos un triunfo importante, que esperamos poder repetir", rememora.

Así mesmo, deu as claves para contrarrestalos: Falamos durante toda a semana e teremos que parar a súa xeración de vantaxes, controlar o ritmo de xogo, parar á súa base, ben en situacións dun contra un como de bloqueo directo. Iso será moi importante, así como controlar o ritmo, ser eficaces no control do rebote ofensivo para castigarlles e tentar ante un equipo, que é o mellor en roubos da liga, ser un equipo que limite as súas opcións de que nos rouben o balón e poidan producir canastras fáciles. Por iso teremos que estar concentrados ter boa circulación de balón, cambialo rápido de lado a lado e boa selección de tiro para evitar que nos corran e xeren situacións de vantaxe.

De novo, o Leyma Coruña ten que lamentar ausencias esta semana de face á importante contenda. "Ao parte de baixas pois se une Sergi Piñeiro, unha baixa importantísima para nós, que non vai xogar. Estará tres semanas fóra por un desprendemento de retina, e Quinton non sabemos ata a última hora se poderá ou non xogar, se os problemas de xeonllo permitiranlle competir. Tamén está a día de hoxe enfermo Baru, que ten febre e ata última hora non saberemos se poderemos ou non contar con el. A nota positiva é que recuperamos a Pablo Ferreiro", enumera.

Aínda así, espera que o seu equipo saiba lidar con iso: "É o habitual (tantas baixas) e o que temos que tentar é sobrepornos e gañar o partido xunto coa nosa afección en Riazor. Xogar alegres, divertirnos e facer un bo partido para lograr a vitoria".

 







non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro