Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 15/09/2019 16:33

O Leyma Coruña perde ante o Union Neuchatel (76-58)

El Leyma Coruña pierde ante el Union Neuchatel (76-58)

O Leyma Coruña non puido revalidar o título da Copa Landot e perdeu no duelo polo bronce ante o Union Neuchatel (76-58).

O partido tivo dúas primeiras partes moi diferenciadas, unha primeira parte moi boa co equipo xogando moi ben, bastante agresivos en defensa, cumprindo as normas de xogo e deixando ao rival en 29 puntos ao descanso e cunha vantaxe dez arriba, grazas a un xogo moi coral. O camiño a seguir.

Os laranxas ademais reboteaban mellor que no primeiro partido ante a BBC Monthey-Chablais (os coruñeses perderon ese duelo 79-78), correndo cando había que facelo e, cando había que xogar en estático, moito traballo de equipo, xogando ben os sistemas, con equilibrio interior-exterior e anotando os tiros libres. En liñas xerais uns primeiros 20 minutos moi bos.

A vantaxe dez arriba (29-39) parecía escasa para o méritos mostrados por parte do Leyma Coruña sobre o parqué, de feito hai dúas situacións case seguidas nas que os coruñeses roubaron balón e fallaron o contraataque e nunha destas Neuchatel anotaba un triplo. Un momento que sería clave para romper o partido e ter unha segunda parte máis tranquila. 

A segunda parte o equipo desconectouse , perdendo este período de 30 puntos. Houbo problemas  en defensa e en ataque, con accións precipitadas e iso supuxo rebote defensivo fácil do rival, que puidesen correr e o rival estivo moi acertado. Un segundo acto que deixou un sabor de boca malo, á marxe da derrota (76-58) e que axudará ao equipo a mellorar e a ter máis control de partido, tratando desde o ataque que o encontro non se descontrole tanto. 

Documentos adjuntos

img-20190915-wa0010.jpg









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city