Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Club Melilla Baloncesto - Leyma Coruña · 22/11/2019 20:15 Melilla

Primer equipo | 29/08/2019 13:59

O Leyma Coruña organiza unha viaxe en autobús a Marín para a disputa da primeira eliminatoria da Copa Galicia

El Leyma Coruña organiza un viaje en autobús a Marín para la disputa de la primera eliminatoria de la Copa Galicia

Con motivo do partido correspondente á Copa Galicia que o Leyma Coruña disputará en Marín o próximo 7 de setembro ás 20 horas fronte ao Marín PeixeGalego, o club decidiu organizar unha viaxe en autobús para todos aqueles afeccionados que queiran acompañar ao equipo no seu primeiro partido de pretemporada.

Para poder reservar unha praza no autobús é necesario inscribirse no club (Cale Arquitecto Rei Pedreira 3, baixo) en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e 16:30 a 20 horas, abonando a cota correspondente á viaxe.

O prazo para realizar a inscrición finaliza o mércores 4 de setembro ás 20 horas.

Cota de inscrición (bus i/v + entrada + bocadillo + auga):

- Maiores de 18 anos: 12?

- 18 anos ou menos: 7?

O autobús partirá da chaira do Palacio de Riazor o domingo día 7 ás 17:30 horas da tarde e o regreso producirase tras a finalización do encontro en Marín. A viaxe queda supeditado a lograr unha ocupación mínima de 30 prazas. 

En caso contrario suspenderase e devolverán as cantidades abonadas. Desde o club Básquet Coruña animámosvos a que vos inscribades para animar ao noso Leb Ouro no seu primeiro partido de pretemporada e así coñecer, ademais, de primeira man as novas fichaxes de face a esta emocionante campaña. Ademais, disfrutraremos do avituallamento, xentileza de Cervecería Sieiro.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro