Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 07/09/2018 23:00

O Leyma Coruña imponse no duelo de Copa Galicia ao COB Ourense (86-63)

El Leyma Coruña se impone en el duelo de Copa Galicia al COB Ourense (86-63)

O Leyma Coruña impúxose de forma clara ao COB Ourense no primeiro partido de Copa Galicia disputado na Raña (86-63). Esporeados polos moitos seguidores laranxas que acudiron ao desprazamento fretado polo club, os herculinos gañaron grazas a un gran terceiro cuarto (29-12). Destacar que seis xogadores acabaron con dobres díxitos de anotación e os mellores foron Tyler Sabin (19 puntos e 5 rebotes) e Michael Uchendu (13 puntos, 6 rebotes). Os laranxas despregaron un ritmo de xogo alto, correndo moito ao contraataque e tratando sempre de aumentar o número de posesións respecto ao rival. En defensa, viuse a un equipo rochoso e con poderío no rebote defensivo.

O encontro tamén supuxo o debut dos nosos junior Rubén Souto e Jorge García, este último de primeiro ano.

A primeira parte estivo marcada polo que adoita ser un típico partido de pretemporada, con bastantes imprecisións por parte de ambos os equipos. No acto inicial dominaron os laranxas, grazas ao acerto exterior de Sabin e Monaghan (23-15). No segundo cuarto, no entanto, os ourensáns melloraron grazas ao poderío interior de Watson, para chegar só seis abaixo ao descanso (40-34).

Os coruñeses saíron mellor tras o paso por vestiarios, asinando un 9-2 de saída. Un período que sería definitivo no devir do partido, pois finalizaría cun 29-12 de parcial, cimentado nunha anotación moi coral, e que deixaba o encontro sentenciado (69-46), a falta de dez minutos.
A tónica mantíñase no cuarto definitivo, no que debutaba Jorge García e volvía Rubén Souto, que xa gozara de minutos no segundo acto. O Leyma Coruña lograba unha vitoria cómoda (86-63) e volverá xogar este domingo ás 20.00 horas na Raña, fronte ao anfitrión, un novo encontro de Copa Galicia que se poderá seguir, como este, a través da canle de Youtube do club.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro