Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 13/05/2017 01:17

O Leyma Coruña gaña na prórroga e apúntase o 2-1 da eliminatoria

El Leyma Coruña gana en la prórroga y se apunta el 2-1 de la eliminatoria

Noite ao máis puro estilo playoff a vivida hoxe en Riazor, cun baloncesto vibrante e unha afección volcada, que levantou aos seus para que non desfallecieran cando a cousa parecía torcerse. O conxunto herculino saltou á pista con todos os ingredientes necesarios, empezando pola defensa e o control do rebote e continuando polo ritmo e o acerto. Esta foi a nota dominante da primeira parte, na que os de Tito Díaz sempre foron por diante e parecían mostrar máis fame de vitoria, chegando a porse 17 puntos arriba poucos minutos antes do descanso, ao que chegaron a 46-33.

Como era de imaxinar, a reacción dos Queixos Cerrato Palencia chegou á volta de vestiarios e todos os seus xogadores comezaron a tirar de galóns -especialmente un cegador Dani Rodríguez que acabou sumando 35 puntos para o seu equipo-, aproveitando calquera fallo defensivo dos locais para acurtar distancias no marcador, especialmente no último cuarto. A pouco máis de dous minutos do final o conxunto morado púñase por diante por primeira vez, pero o Leyma Coruña aguantou o tipo e a moral, acabou empatando a 88-88 e a punto estivo de levar o encontro nos últimos segundos cun tiro errado de Zach Monaghan. Foi necesario ir á prórroga para reemprender o voo e apuntar o 2-1 na eliminatoria, cun resultado final de 104-94 no luminoso.

Ao finalizar o encontro, Tito Díaz celebrou a traballada vitoria dos seus xogadores, destacando o seu nivel defensivo e control do rebote -batalla gañada cun balance de 40 a 38-, tanto na primeira parte como moi especialmente na prórroga, e agradeceu ao público "que nos levou cara arriba", especialmente cando perigou a vitoria. "O importante é que estamos vivos, que temos confianza e que ás veces conseguimos sacar o noso baloncesto", afirmou, e pediu aos coruñeses que "todo o que poida veña a Riazor este domingo, ao seis, porque imos xogar unha final e toda a axuda vainos a facer falta".

Documentos adjuntos

tito-diaz-post-tercer-partido-cuartos-playoff.m4a











federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiawibociudad cristalhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial