Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 13/04/2018 13:34

O Leyma Coruña espera regresar á senda do triunfo ante o Levitec Huesca

El Leyma Coruña espera regresar a la senda del triunfo ante el Levitec Huesca

O Leyma Coruña quere resarcirse da derrota ante o Iberostar Palma (79-90) cun triunfo ante un Levitec Huesca que pelexa por eludir o descenso. Gustavo Aranzana recoñece que na derrota ante Iberostar Palma "faltoulle ao equipo un punto de tensión e de concentración para tratar de gañar o partido".

Asegura que analizaron "o encontro e sabemos onde nos puidemos confundir e fixemos borrón e conta nova e queremos mellorar as prestacións defensivas e de rebote". "O equipo quere gañar, tras a última derrota, e regresar á senda da vitoria", asevera o preparador.

Cre que Levitec Huesca "vai representar as mesmas dificultades ou máis que Palma pola súa situación na táboa e polo que se xoga. Competimos fóra e eles teñen unha superobligación de gañar, pelexa por lograr a permanencia e teremos que ter moita máis atención".

Destaca "os bos parámetros defensivos do Huesca, con defensas presionantes, é o terceiro mellor equipo en recuperacións de balón e en roubos, tenta controlar o ritmo do xogo, as súas prestacións pasan por deixar en 70/ 75 puntos ao rival e en definitiva un equipo que non che deixa xogar cómodo".

Admitiu que "na primeira volta non o analizamos ben e perdemos o partido contra eles (70-76), porque perdemos o control dun encontro que tiñamos dominado. Teremos que controlar as nosas perdas de balón e ter orde no xogo e dar un paso adiante na pelexa polo rebote".








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city