O Leyma Coruña claudica ante o Cáceres Baloncesto de forma axustada (84-80)

O Leyma Coruña claudicó de forma axustada ante Cáceres Baloncesto (84-80) nun partido no que as perdas de balón e os problemas no rebote complicaron o encontro aos coruñeses.

O equipo entraba moi concentrado e coas cousas claras en ataque e defensa. Castigando no poste baixo e controlando aos seus tiradores para obter as primeiras vantaxes no marcador. Moito control do ritmo por parte herculina nos primeiros minutos e facendo ben as cousas en ataque. Boa circulación de balón e atopando boas opcións para anotar (11-17).

O segundo cuarto segue coa mesma tónica, con opcións do Leyma para irse aos 10 de vantaxe, pero sen ser capaz de encadear 2-3 accións positivas que lles permitisen abrir vantaxes mais amplas. A partir de aí, chegaba un momento de desconexión, de perdas de balón, e malas decisións ofensivas que permiten 3-4 ataques rápidos e acertado de Cáceres que os colocaban un punto abaixo. E así se chegaba ao descanso, coa sensación de que se podía adquirir unha boa vantaxe, pero que ao final quedaba nun só punto por erros propios que daban boas opcións ao rival (32-33).

Tras o descanso, Cáceres daba un paso defensivo cara arriba, endurecendo o partido, cousa que o Leyma non era capaz de igualar nalgúns momentos, o que nos levaba perder claramente o aspecto reboteador na segunda parte. Ao cabo, clave no resultado final.
Un bo momento ofensivo en final do terceiro, que pechaban os coruñeses dous abaixo (57-59), permitía un inicio do último que permitía estar no marcador con opcións claras de que o Leyma levase o partido.

Ao final, outra vez dúas situacións de balón perdido, ou mal tiro que daban dous contraataques fáciles, mais o problema no rebote defensivo, permitían a Cáceres chegar cunha vantaxe de 4 puntos ao final do partido. Unha renda que souberon manexar para pechalo e levar a vitoria (84-80).