Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: LECHE RIO BREOGAN - Leyma Coruña · 20/09/2019 18:00 A RAÑA, MARÍN || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - C.B NOIA LOLITAMODA.COM · 21/09/2019 10:00 FONTIÑAS, SANTIAGO DE COMPOSTELA || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Compañía de Maria · 22/09/2019 12:00 RIAZOR 2, A CORUÑA || Cadete Fem. 2ªDiv: SEIS DO NADAL-COIA - Básquet Coruña Leyma C · 21/09/2019 20:00 NAVIA, VIGO || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - PORTO DO SON · 22/09/2019 17:00 RIAZOR 2, A CORUÑA

Primer equipo | 11/03/2017 01:00

O Leyma Coruña cae en Palencia nun duro e igualado partido

El Leyma Coruña cae en Palencia en un duro e igualado partido

Os laranxas estiveron preto de vencer esta noite a un dos grandes, o Quesos Cerrato Palencia, que conquistou a súa quinta vitoria consecutiva en casa (79-75). Todo puxo pasar no final apertado, cun último minuto no que choveron as faltas e os tiros libres por ambas as partes, e que a punto estivo de levar a contenda á prórroga.

Na rolda de prensa posterior ao encontro disputado na Marta Domínguez, o adestrador do Leyma Coruña Tito Díaz felicitou ao conxunto local por gañar un partido moi igualado entre dous bos equipos, no que "talvez non fixemos un baloncesto moi vistoso pero si moi intenso, porque foi un partido durísimo", asegurou.

Na súa opinión, os seus dominaron practicamente no tres primeiros cuartos do choque -en varias ocasións estiveron 7 e 8 puntos arriba, as máximas vantaxes que luciu o marcador en toda a noite- e en xeral exerceron unha boa defensa, mellorando ademais o control do rebote na segunda metade. Pero nun encontro tan igualado todo estaba por decidir no últimos dez minutos, ao que os coruñeses chegaron cunha lixeira vantaxe de catro puntos. Foi entón cando "a personalidade, o carácter de xogadores importantes e a presión do público fixeron que o Palencia viñese arriba, colleron catro puntos, nós volvemos ao partido pero fallamos preto do aro e en varios tiros liberados", mentres que os locais seguían sumando ata lograr unha vitoria que, de caer ao lado laranxa, "non estrañaría a ninguén", observou Tito Díaz.

O vindeiro venres ás 21:00 horas o Leyma Coruña volverá xogar no Palacio dos Deportes de Riazor, esta vez ante o Actel Força Lleida. Quedan sete partidos da fase regular. Os nosos van a por todas, toca apoiar e seguir soñando! #sentimentolaranxa

Documentos adjuntos

tito-di%CC%81az-corun%CC%83a.m4a









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro