O Leyma Coruña anuncia a fichaxe do base Jorge Sanz

O Club Básquet Coruña anuncia a fichaxe de Jorge Sanz Rodríguez, un base procedente do Melilla Baloncesto, de 1,91 metros de altura e 24 anos de idade. A pesar da súa mocidade, conta con gran experiencia en categorías FEB e mesmo ACB, unha traxectoria que lle permitiu mellorar e crecer como xogador.

Na súa última tempada en Melilla promedió 5,6 puntos, cun 58% en tiros de dous e un 45% en tiros de tres, ademais de 3 rebotes, 3 asistencias e 1 balón recuperado, para unha valoración de 10 puntos.

É un base de gran control do xogo, que sabe onde pór o balón en cada momento e un bo defensor. A súa altura permítelle xogar no poste baixo contra bases máis pequenos e axudar no rebote.

Traxectoria deportiva

2010-11 Real Madrid Junior
2011-12 Real Madrid EBA. Ademais de ACB e Euroliga
2012-13 Blusens Monbus Obradoiro ACB
2013-14 Fundación Baloncesto Fuenlabrada LEB Prata
2014-15 Penas Huesca LEB Ouro. Abril 2015 ficha en Montakit Fuenlabrada ACB
2015-16 Montakit Fuenlabrada ACB. Xaneiro 2016 ficha por Melilla LEB Ouro

O Club Básquet Coruña manifesta a súa satisfacción pola chegada do madrileño Jorge

Sanz como novo director de xogo, cun perfil moi adecuado para cubrir a posición de base acorde ao estilo de xogo da escuadra herculina.

A súa fichaxe únese ás xa anunciadas renovacións de Anxo Hernández e Sergio Olmos, así como á chegada de Jonathan Gilling, as primeiras pezas coas que o club e o adestrador Gustavo Aranzana van perfilando o equipo de face a unha nova tempada que se prevé polo menos tan competitiva e ilusionante como as vividas nas recentes edicións da LEB Ouro.