Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Levitec Huesca · 26/04/2019 21:00 Palacio de los Deportes || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U17 - Carballo a un paso Artai · 28/04/2019 17:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U18/17 - Sto Domingo Betanzos · 27/04/2019 16:00 Riazor 2 || Cadete Fem. 1ªDiv: Giraldo CBV - Básquet Coruña Leyma C · 27/04/2019 12:00 Castelao || Cadete Masc. 1ªDiv: Sigaltec - Básquet Coruña C · 27/04/2019 12:00 Fontecarmoa 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: KFC Culle B - Básquet Coruña Leyma U16 · 27/04/2019 20:00 Pabellón O Burgo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 - Suministros Carreiras · 27/04/2019 18:00 Riazor 2 || Infantil Masc. 1ªDiv: Bosco Salesianos 05 - Básquet Coruña I · 27/04/2019 12:00 Polid. Salesianos || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Básquet Coruña U13 - Muebles Victoria Barco · 28/04/2019 12:00 Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos - Básquet Coruña Leyma I · 28/04/2019 12:00 Betanzos || Pre-Inf Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma U13 - C.Mariano- Franciscanas · 28/04/2019 12:00 Riazor 2 || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Estudiantes Lugo Leyma Natura - Básquet Coruña Leyma U12 · 01/04/2019 18:00 Pazo Anexo, Lugo || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - Aringal Ingenieros · 27/04/2019 10:00 Ventorrillo || Infantil Masc. 3ªDiv: Sto Domingo Betanzos - Básquet Coruña U14/13 · 28/04/2019 12:20 Elviña II || Infantil Masc. 3ªDiv: Top Quality Cambre - BC Cristo Rey (Infantil) · 27/04/2019 17:30 Elviña II

Primer equipo | 04/04/2019 16:54

O Leyma Coruña afronta como unha final o encontro ante o Liverbank Oviedo

El Leyma Coruña afronta como una final el encuentro ante el Liverbank Oviedo

O Leyma Coruña visita este venres ás 20.30 horas o Pumarín para medirse ao Liverbank Oviedo nunha esixente cita para os xogadores adestrados por Gustavo Aranzana.

"Temos unha saída moi complicada e de máxima dificultade contra Liverbank Oviedo, un rival que ofrece moita calidade no xogo e que vén dun refacho moi bo. Consolidouse como un dos mellores equipos defensivos (é terceiro cun balance de 19-10). No Pumarín, sobre todo, xoga con moita agresividade e dureza e con bo facer. Teñen moitos parámetros positivos no xogo e ocupa o lugar privilexiado na táboa", comentou o técnico valisoletano-

Apelou a que o Leyma Coruña traballe como un equipo para levar a vitoria. "Independentemente de homes importantes en Oviedo e da súa calidade o que debemos de priorizar é o noso sentido colectivo do xogo. Temos que afrontar o partido como unha final, competir o máximo e tentar liquidar a cantidade de dificultades que nos vai a pór enfronte, tentar xogar ao cento por cento de intensidade e efectividade. Defensivamente teremos que igualar o nivel de Oviedo o seu traballo no rebote e o ritmo de xogo", apelou ante un encontro no que, de lograr a vitoria, daría ao equipo "unha satisfacción para seguir crecendo".

"O equipo está ben, vimos de gañar ao Barça Lassa, tiñamos ganas de conseguir o triunfo e temos cinco partidos de aquí a final de tempada e contra Oviedo gustaríanos seguir afianzándonos e competindo para poder aspirar a postos mellores na clasificación", comentou.

De novo, tivo que lamentar problemas na enfermaría. "Todos están ben salvo Pablo Ferreiro e Quinton, cos seus problemas adestrou un día en toda a semana e terei que decidir. Se Ferreiro segue con dificultades e problemas serios no talón de Aquiles descartareino e se Quinton pode entrar na convocatoria", indicou.

"Sabemos o que temos que facer, non saírnos do guión e tratar de ofrecer o máximo, que é a única maneira de poder sorprender a Oviedo. Sería unha vitoria de valor gañar en Pumarín, porque sempre dá un plus para afrontar o seguinte partido ante o Tau Castello", resolveu.







non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro