Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 28/04/2014 13:31

O equipo filial logra o ascenso a liga EBA

El equipo filial logra el ascenso a liga EBA

O equipo adestrado por Javi Rodríguez, asistido por Toni Amado e Laura Núñez,  logrou o ascenso de 1ª división a Liga EBA tras vencer onte ao CB Cambre por 49 a 80, asegurándose así una das dúas primeiras prazas que dan dereito ao ascenso. O vindeiro domingo ás 12 na Polideportiva de Riazor, disputarase a última xornada de liga na que tratarán de gañar para garantir a primeira posición da clasificación; será un partido contra o Estudantes de Lugo, equipo que actualmente ocupa a quinta posición da clasificación con 12 vitorias e 7 derrotas.

Desta forma o equipo filial do Leyma Natura Básquet Coruña logra un novo ascenso deportivo a Liga EBA, será o terceiro ascenso do equipo filial do Club a Liga EBA, tras os ascensos logrados no 2002 e no 2012.

O Club desexa dar o parabén a todo o grupo de técnicos e xogadores que participaron esta tempada neste equipo, que ademais de lograr este ascenso, fixérono sendo parte importante na boa tempada realizada polo primeiro equipo xa que esta tempada, foron varios os xogadores que han simultaneado a participación en ambos os conxuntos.

Este ascenso foi máis que merecido, xa que este equipo ocupou os postos altos da clasificación durante toda a tempada, na que unicamente perdeu catro partidos ata o momento.

Os xogadores que lograron este meritorio ascenso foron: Pablo Nogueira, Gerardo Dorda, Antonio López-Pizarro, Daniel Cochón, Pablo Villalobos, Jose Anxo Lista, Bruno Piñeiro, Rubén Rei, Adrián Rodríguez, Dante Varela, Elvis Branco e Álex González. Ademais contaron co reforzo durante varias fases da tempada con varios xogadores do equipo Junior.

 

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city