O Eba disputará este domingo o seu segundo partido como local

Tras a derrota da semana pasada en Chantada, o equipo filial enfrontarase este domingo ás 17 horas no Palacio dos Deportes de Riazor a un rival que ata o momento non coñece a derrota na competición.

O Básquet Coruña marcha nestes momentos cunha vitoria e unha derrota, gañou na primeira xornada ao Instituto Rosalía e perdeu na segunda fronte a Chantada. Pola súa banda os Agostiños, venceron a BVM  2012 e ao Tormes.

O partido terá lugar o vindeiro domingo ás 17 horas no Palacio dos Deportes de Riazor.