Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 87-59 Seis do Nadal - COIA · 01/09/2019 12:00 Polideportiva Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Giraldo CBV 69-37 Básquet Coruña Leyma C · 31/08/2019 18:00 Instalación Castelao || Infantil Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria 43-25 Básquet Coruña Leyma I · 01/09/2019 19:00 Compañía de María

Actividades | 11/04/2019 13:53

O duelo ante o Tau Castelló deste venres, declarado 'I Día dos clubs'

El duelo ante el Tau Castelló de este viernes, declarado 'I Día de los clubs'

O Básquet Coruña organiza este venres con motivo do partido ás 20.45 horas ante o Tau Castelló o 'I Día dos clubs' polo que convidou a todos os clubs de baloncesto da cidade para recoñecer o seu traballo polo baloncesto e tender pontes de unión entre entidades para alcanzar sinerxías que favorezan ao noso deporte.

Todos traballamos polo mesmo obxectivo, a práctica do baloncesto na cidade herculina, e este evento pretende inaugurar unha iniciativa que se espera consolidar e lograr que creza nos próximos anos. Todos os clubs que accederon a tomar parte desta gran festa do baloncesto vestirán as súas cores e darán vistosidade á bancada con globos do mesma cor que a súa elástica.

Ademais, poderán recibir o aplauso da bancada de #OFornodeRiazor pois desfilarán no descanso unha representación de cada club. Unha gran foto de familia para unir forzas na consolidación do baloncesto na Coruña e dar visibilidade ao gran traballo que realizan todos os clubs da urbe.

Polo momento, confirmaron a súa asistencia: Obradoiro, Arteixo, Artai, Club Deportivo Os Rosales, Escravas, Escola Basket Xiria, Club Golfiños de Sada e Club Calasanz. Presumiblemente nas próximas horas iranse sumando máis entidades na que será a gran festa do baloncesto coruñés de formación.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro