Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Actividades | 02/05/2017 20:07

O Club convoca o seu Campus de verán para escolares de 5 a 15 anos

El Club convoca su Campus de verano para escolares de 5 a 15 años

Antes de que finalice o curso escolar, o Club Básquet Coruña anuncia a celebración do seu Campus Milenium 2017, dirixido a nenos e nenas de 5 a 15 anos -nados do 2012 ao 2001 ambos os incluídos- que queiran pasar un verán diferente gozando do baloncesto combinado con outras moitas actividades lúdico-deportivas. O campus desenvolverase do 26 ao 30 de xuño e do 3 da o 7 de xullo.

Cada xornada comeza ás 9:00 horas e finaliza ás 18:00 horas, e consta de catro bloques de actividade. Dous deles son de baloncesto, distribuídos en horario de mañá e tarde, con contidos de aprendizaxe no primeiro caso e de carácter máis lúdico ao final do día. Os outros dous bloques son recreativos, con actividades ao aire libre, piscina, canoas, escalada, talleres, visitas, etc. O campamento inclúe tamén xornadas especiais con excursión dun día completo.

As instalacións empregadas son o Polideportivo Agra 2 e A Normal (antiga Escola de Maxisterio). Ademais realizaranse varias saídas durante o campus para levar a cabo actividades noutras localizacións.

O prezo da inscrición no Campus Milenium é de 260 euros, incluíndo xantar e merenda. Quen se inscriban antes do 12 de maio benefícianse dun desconto do dez por cento. Ademais, aos xogadores/as do club, colexios e clubs vinculados, Comunidade UDC ou inscricións do segundo irmán aplícaselles un desconto adicional doutro dez por cento. En caso de precisar servizo de autobús, o seu prezo é de 50 euros. O prazo de inscrición finaliza o 22 de xuño.

Que é o Campus Millenium?

Un campamento que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer no que se realizan ao longo do día innumerables actividades multideportivas, en colaboración cos mellores clubs e asociacións doutras disciplinas deportivas da cidade. Está aberto a menores de 5 a 15 anos con ganas de divertirse e aprender. Establécense os grupos por idade e con niveis homoxéneos.

A inscrición pódese facer en liña a través da web: www.basquetcoruna.com, ou ben, entregando o boletín de inscrición e facendo o pago nas oficinas do Club: Arquitecto Rei Pedreira, 3 15011 A Coruña - Tel.: 981 264 022 (horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas).

Máis información e inscrición on line










federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode soluciones webfundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiawibociudad cristalhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial