O Club Básquet Coruña organiza unha xornada de portas abertas para os seus grupos de minibasket

A canteira do club é, grazas ao traballo de moitos profesionais, máis que unha realidade e non faltan iniciativas para seguir crecendo.

Este ano, como en ocasións anteriores, o Club Básquet Coruña organiza unha xornada de portas abertas para que todos aqueles nenos e nenas que o desexen e que aínda non formen parte dos nosos equipos, asistan a esta convocatoria e proben a apuntarse en calquera deles, así como nas nosas escolas. Por suposto os mozos e mozas que xa están no club tamén están convidados a estas xornadas, para que os que proben vexan de preto o que é a marea laranxa!

A xornada dividirase en dous tramos horarios para as diferentes idades.

Data: Venres 1 de setembro

Horarios:

18:00 a 19:00??????.nenos e nenas nacidos en 2008 e 2009

19:00 a 20:00??????.nenos e nenas nacidos en 2007 e 2006

Lugar: Polideportivo Agra 2 (Avenida Manuel Murguía s/n)

Todos aqueles interesados en asistir poden facelo enviando os seus datos (nome e data de nacemento) ao club a través da seguinte dirección de correo club@basquetcoruna.com, así como vía telefónica no 981 264 022. O único requisito é asinar unha autorización paterna para a realización do adestramento.

Os nados en 2010, 2011 e 2012, correspondentes á categoría de Babybasket, poderán probar durante a primeira semana de adestramentos, o 6 e 8 de setembro.

Esperámosvos a todos e todas para que poidades gozar dunha xornada de portas abertas chea de baloncesto laranxa!