O BC e o Hospital Quirón da Coruña renovan o seu acordo

O Hospital Quiron da Coruña e o Leyma Básquet Coruña fixeron oficial esta mañá a renovación do acordo de colaboración.

Na mañá de hoxe, tivo lugar a rolda de prensa de presentación do convenio entre o Club e o Hospital Quirón da Coruña.  Nesta rolda de prensa de presentación estiveron presentes D. Juan Carlos Fernández Ferreiro, Presidente do Club Básquet Coruña; D. Pablo Asensio, Director médico do Hospital Quirón A Coruña e o Dr. Carlos Lariño.

Grupo Hospitalario Quirón

Grupo Hospitalario Quirón conta cun cadro médico de prestixio internacional -o máis numeroso do sector-, é o primeiro de España en número de pacientes atendidos e en superficie asistencial, xestiona trinta e oito centros sanitarios, 2.864 camas hospitalarias e conta con 15.000 empregados -dos que máis de 7.500 son médicos. En 2013, rexistrou un total de 4.640.000 consultas, 991.050 urxencias, 272.731 intervencións cirúrxicas, 18.917 partos, máis de 10.500 ciclos de reprodución asistida e ao redor de 45.000 tratamentos oncolóxicos.

A maior rede hospitalaria privada de España conta con 21 hospitais xerais: A Coruña, Adeje (Tenerife), tres en Barcelona, Erandio (Biscaia), Los Barrios (Cádiz), tres en Madrid, Málaga, Marbella, Murcia, Palma de Mallorca, San Sebastián, Santa Cruz de Tenerife, Sevilla, Torrevieja (Alacante), Valencia, Vitoria e Zaragoza; dous hospitais de día en Praia de Muro (Mallorca) e Zaragoza; catro centros monográficos de reprodución asistida en Bilbao, Murcia, Pamplona e Torrent (Valencia); dous centros oftalmológicos na Coruña e Barcelona, e centros de consultas de diferentes especialidades na Coruña, Ferrol (A Coruña), Fuengirola (Málaga), Orihuela (Alacante),  Santa Pola (Alacante), Sa Pobla (Mallorca), Sevilla e Torrevieja (Alacante).

Para acceder ao vídeo da rolda de prensa, facer aquí.