O Básquet Coruña no ?III Torneo Minibásquet Don Bosco?

Aquí presentámosvos  as crónicas da experiencia vivida a pasada Semana Santa por dúas dos equipos máis novos do Club no “III Torneo de Minibásquet Don Bosco”, que tivo lugar en Ourense, onde ambos os equipos realizaron un dignísimo papel e gozaron dunha grandísima xornada de baloncesto.


Crónica da xornada do Benjamín masculino Básquet Coruña 04 no “III Torneo Minibásquet don Bosco”.


O pasado domingo, foi un dos días máis emocionantes tanto para o equipo Básquet Coruña 04 como para a súa adestradora, polo despregamento de ilusión, forza e coraxe que transmitiron os nosos xogadores no “III Torneo Minibásquet Don Bosco” celebrado en Ourense.
O día empezou moi cedo, saíndo parte do equipo desde Coruña á primeira hora da mañá, para reunirse co resto do equipo (que viñan doutras zonas de Galicia por estar a celebrar a Semana Santa) sobre as 10:00 en Ourense, lugar onde iamos xogar o Torneo.
Os nervios estaban a flor de pel: o seu primeiro torneo, a súa primeira saída, unha nova ilusión…
O torneo estaba formado por 2 grupos de 4 equipos cada un. No noso atopábanse os equipos de: Sigaltec-2005-Heats, Sigaltec-2004-Lakers e Porriño. Os 2 primeiros partidos xogámolos relativamente cómodos, axudando isto a ir deixando atrás os nervios dos nosos xogadores para así centrarnos no terceiro partido contra Porriño, o cal xogamos á primeira hora da tarde. Desde o primeiro minuto deste partido xogaron como auténticos campións, sempre deixando ver a gran “piña” que son, o que deu lugar a que todos marcasen algún punto para axudar a gañar o partido. A defensa extraordinaria.
Acto seguido xogamos as semifinais contra un equipo xa moi coñecido para nós, Coreti. Pese ao cansazo acumulado os nosos xogadores lograron facerse coa vitoria e así chegar á tan ansiada final, que sería contra o equipo organizador do torneo, Bosco Salesianos.
Desde o inicio do partido o local foi por encima no marcador, motivado non soamente polo equipo tan forte que tiñamos en fronte, senón tamén polo cansazo e nerviosismo mostrado polos nosos xogadores, os cales levaban 3 partidos seguidos sen descanso. No entanto, os nosos xogadores non se renderon en ningún momento e, axudados pola GRAN AFECCIÓN que tiñan nas bancadas non deixaron de facernos gozar do baloncesto.
Por último, agradecer o gran esforzo e comportamento de todos os xogadores, do mesmo xeito que toda a predisposición mostrada polos pais ao longo do Torneo. Sen dúbida, termina un día que nunca esqueceremos.
PARABÉN A TODO O EQUIPO


Crónica da xornada do equipo alevín masculino do Básquet Coruña no: “III Torneo de Minibásquet Don Bosco”


Comezamos o Torneo enfrontándonos a un potente Pio XII, nun partido bastante duro para os nosos en canto a físico refírese xa que acudiamos con poucos efectivos.
Comezou o partido cun ritmo moi forte, e bastantes imprecisións por ambos os conxuntos pero conseguimos plantar cara durante  todo o partido. O último cuarto custounos aguantar o ritmo e tras dúas boas accións do equipo santiagués, conseguiron levar a vitoria. O noso esforzo e xogo foi alto pero a escasa rotación pasounos factura. O resultado final 58 a 44 para Pio

Acto seguido, enfrontámonos ao Silgatec de Villagarcia. Comezamos un pouco irregulares debido ao cansazo acumulado no partido anterior, pero non tardamos en meternos en faena e realizar un gran encontro. Levamos o partido ao noso terreo e conseguimos unha boa renda ao descanso a cal xestionamos ben durante a segunda parte. Levámonos a vitoria, nun partido onde todos achegamos o noso granito de area para sumar sempre. Ao final 44 a 82 para os nosos.
O partido decisivo foi o último onde só nos valía gañar para seguir vivos no torneo; o Bosco Salesianos presentou un xogo moi alegre, vivaz e físico no que nos custou entrar e cando o fixemos a diferenza xa era evidente, remamos moito para morrer na beira pero o noso esforzo estivo á altura da esixencia que o partido marcaba. Non puido ser, pero o xogo despregado polos nosos foi bo, moi bo en determinados momentos.
Gran traballo de todos!