Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 25/08/2017 18:14

O Básquet Coruña adéstrase xa para o seu regreso a Liga EBA

El Básquet Coruña se entrena ya para su regreso a Liga EBA

Anunciabamos hai 15 días a fichaxe de Sergio Cubeiro como adestrador do equipo senior masculino do Club Básquet Coruña e hoxe contamos coas primeiras impresións do técnico despois de 12 días de adestramentos. Cun bloque de xogadores novos xa ás ordes do ferrolán, a campaña preséntase ilusionante para todos o compoñentes do filial que recuperou este verán a praza en Liga EBA tras un ano de duro traballo.

O técnico, que deu inicio á pretemporada do equipo o 14 de agosto, cóntanos as súas primeiras impresións sobre o equipo, as motivacións e as aspiracións.

- Cal é a túa idea ou formulación para consolidar ao filial en Liga EBA?

- A verdade é que estamos a empezar e estámonos coñecendo, é un grupo novo que aínda está por facer xa que faltan varias pezas que teñen que darnos calidade. Nós só temos que pensar no traballo diario e tentar consolidarnos como grupo para ser competitivos, a partir de aí falaremos de cal é o noso sitio en función de como se presente o nivel da liga.

- Os adestramentos comezaron o día 14, pasaron 10 días, Que sensacións estades a ter o persoal e ti?

- As sensacións son boas e o grupo vén moi disposto ao traballo diario. Como dicíache antes, xa que o grupo aínda non está pechado, estamos a nos centrar na mellora individual dos xogadores que temos para, máis adiante, ir metendo aspectos colectivos. Sumaremos máis efectivos e comezaremos a definir o equipo.

- Cales crees que son os equipos máis fortes do grupo?

- Sinceramente non coñecemos nada da liga neste momento, non hai demasiados movementos e non podemos definir que equipos son máis ou menos fortes. De momento polo pouco que sabemos, A Residencia As Aciñeiras- Cidade de Ponferrada é un equipo que está a traballar fichaxes e preparación de face ao ascenso, pero o resto dos equipos son unha incógnita. Agora mesmo só podemos pensar en nós mesmos, mellorar todo o posible o que temos e a partir de aí marcarnos obxectivos.

O equipo que dirixe Sergio Cubeiro debutará na liga o 7 de outubro fronte ao Aquimisa Carbajosa. Os salmantinos serán os primeiros rivais en casa do Club Leyma Básquet Coruña. Na segunda xornada, o enfrontamento será en León fronte ao ULE Fundación Baloncesto León.

O grupo traballa cada día para ir logrando unha boa compenetración e á espera de novas incorporacións, tanto corpo técnico como xogadores, afrontan con ilusión o reto desta liga tan competitiva como é a EBA.

Ademais de dirixir ao filial, Cubeiro asumiu este ano a coordinación da canteira do club. Preguntado por iso, móstrase moi positivo e con moitas ganas de traballar no crecemento, fortalecemento e preparación de todas as categorías do baloncesto de base:

"Este aspecto, a canteira, require máis paciencia xa que parto de cero e queremos facelo moi ben. Aos poucos, coa axuda do club e os adestradores, temos que ir marcando unha liña de traballo a seguir.

O obxectivo a curto prazo é ter un equipo representando ao club en cada unha das ligas galegas e enfocar o traballo de iniciación desde as categorías de minibásquet para crear unha boa base de formación."

Un enorme pulo de ilusión, traballo duro e humildade son as notas crave na voz de Sergio Cubeiro, que chegou ao club para axudar e ser un máis en cada un dos obxectivos que ten o Club Básquet Coruña para esta campaña 2017-2018.








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city