Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Club Melilla Baloncesto - Leyma Coruña · 22/11/2019 20:15 Melilla

Primer equipo | 22/05/2018 13:19

Nova Xunta Directiva do Básquet Coruña

Nueva Junta Directiva del Básquet Coruña

O Club Básquet Coruña ten xa novo presidente, Roberto Cibeira Moreiras, socio do club laranxa, que presentou en tempo e forma, seguindo as pautas establecidas nos estatutos do club a súa candidatura. Ao ser esta a única presentada, a Xunta Electoral non abriu o proceso electoral e proclamou constituída a nova Xunta Directiva, tal e como establecen os estatutos do Club. O anterior mandatario, Juan Carlos Fernández Ferreiro, que renunciara a continuar como presidente, aceptou participar na Candidatura de Roberto co cargo de vicepresidente ao coñecer o proxecto exposto, e por tanto seguirá achegando o seu bo facer ao funcionamento do club.

Atendendo ao establecido nos estatutos en canto ao mínimo imprescindible de cargos, a nova xunta directiva estará formada polo propio Roberto Cibeira Moreiras, como presidente, Juan Carlos Fernández Ferreiro, como vicepresidente, Enrique Muñoz Lagarón, como Secretario, Fernando Rei Figueiras, en calidade de Tesoureiro, e Alberto Méndez Dávila, Francisco Javier López Fernández e Carlos López Cachaza, en calidade de Vogais, sendo estes dous últimos membros da Directiva no mandato anterior e do mesmo xeito que Juan Carlos Fernández, decidiron continuar na mesma.

A nova Xunta Directiva ten previsto convocar unha asemblea extraordinaria nos próximos días para compartir cos Socios o proxecto de Club para o período do novo mandato, no que tentarán que a marea laranxa siga crecendo nos próximos anos e o baloncesto sígase asentando na cidade.

Por último, a nova Xunta Directiva quere aproveitar a ocasión para agradecer o traballo realizado durante o últimos catro anos a Manuel Anxo Rei Dopico, Gonzalo Moura Do Campo e Antonio López-Pizarro Vilar, o tres membros que decidiron non continuar por motivos persoais e profesionais, aínda que seguirán colaborando en asuntos puntuais co Club e coa nova Directiva.









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro