Nova edición do Campus Nadal 2018 do Básquet Coruña

O Campus Nadal 2018 do Básquet Coruña celebrará entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro unha nova edición. A actividade lúdico-deportivo que abre hoxe venres 23 a súa data de inicio de inscricións é un campamento que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer e diversión e está dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2005 e 2013.

Os participantes agruparanse por grupos de idade e nivel, favorecendo así o gozar e maior aproveitamento do Campus. Haberá dúas quendas, o primeiro do 26 ao 28 de decembro e o segundo do 2 ao 4 de xaneiro, en horario de 09.30 horas a 14 horas e desenvolverase nas instalacións do Agra 2 e o polideportivo da Normal (Antigo Maxisterio). Ao mesmo acudirán xogadores do primeiro equipo de LEB Ouro que participarán activamente nas actividades e cos participantes.

O campamento desenvolverano monitores e adestradores con formación específica en baloncesto e nas sesións o obxectivo será a mellora dos fundamentos técnico-tácticos, sen esquecer o compoñente de diversión.

O Campus conta cun seguro de accidentes para poder facer fronte ás atencións médicas que puidesen ser necesarias durante a celebración do mesmo.

Desde o Básquet Coruña convidámosvos a anotarvos ao noso Campus de Nadal e gozar este Nadal dunha experiencia formativa que aúna baloncesto e diversión. Esperámosvos!