Equipos base | 28/10/2015 09:00
Os nosos alevíns quentan motores con amigables ás portas da tempada competitiva

Viveiro foi o destino, este fin de semana, dos nosos equipos alevíns masculino e feminino de segundo ano, é dicir, dos nenos e nenas nacidos en 2004. O Club Baloncesto Viveiro exerceu como anfitrión e organizador dun torneo amigable no que os conxuntos do Leyma Básquet Coruña enfrontáronse contra equipos da entidade viveirense das mesmas categorías, nun ambiente no que primou o compañeirismo e a deportividade por parte do catro equipos. Os resultados da proba depararon os seguintes resultados:
Categoría masculina: C.B. Viveiro (21 ) - Leyma Básquet Coruña 04 (73)
Categoría feminina: C.B. Viveiro (15) ? Leyma Básquet Coruña 04 (54)
Bo torneo preparatorio para os mozos deportistas, que á espera do inicio da súa competición en novembro puideron comprobar a evolución do traballo realizado nestas semanas previas da man dos seus adestradores, Jorge López e Marcos Sanluis no caso do equipo masculino, e Tatiana Casal no equipo feminino.
Do mesmo xeito que os alevíns de segundo ano, os nosos conxuntos masculino e feminino integrados por nenos e nenas nacidos en 2005, tamén puideron porse a proba ante rivais de idades similares, participando no torneo amigable benéfico que a Asociación West Galicia organizou a principios deste mes de outubro.
Ás portas do inicio da competición para o catro equipos, desde aquí desexámoslles unha tempada chea de éxitos competitivos e, sobre todo, de progresión persoal e deportiva.
Equipos base | 27/10/2015 09:00