Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Fem. 2ªDiv: Salesianos 73-33 Basquet Coruña Leyma · 20/05/2018 19:00 Vigo, Salesianos || Senior Masc. 3ªDiv: Arteixo 56-40 Básquet Coruña S · 19/05/2018 20:00 Arteixo || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J 94-47 Cidade Lugo · 19/05/2018 16:00 Riazor 2 || Junior Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma J 40-53 Artai · 19/05/2018 20:00 Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Arteixo 52-46 Básquet Coruña U18/17 · 19/05/2018 16:00 Arteixo || Cadete Fem. 2ªDiv: Xiria 54-61 Básquet Coruña Leyma U16 · 19/05/2018 12:00 Carballo || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U15 62-20 Baloncesto Cambre · 19/05/2018 20:00 Ventorrillo || Cadete Masc. 2ªDiv: Sta Maria del Mar 56-54 Básquet Coruña U16 · 17/05/2018 10:00 Colegio Sta Maria || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I 61-50 Obradoiro · 19/05/2018 18:00 Riazor 2 || Infantil Fem. 2ªDiv: CBPS 50-68 Básquet Coruña Leyma I · 17/05/2018 12:00 Portosin || Minibasquet Masc. 1ªDiv: BBCA 90-77 Básquet Coruña U12 · 20/05/2018 10:00 Ferrol, Javier Gomez Noya || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U12/11 66-28 Franciscanos · 20/05/2018 09:30 Agra II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Jesuitinas 53-46 Básquet Coruña Leyma U11 · 20/05/2018 19:15 Sagrada Familia || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U11 87-68 Obradoiro · 19/05/2018 17:45 Agra II || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Montespiño Mini 49-25 Esclavas · 19/05/2018 19:15 Agra II || Minibasquet Mixto 2ºDiv: Culleredo 49-88 Básquet Coruña Eusebio da Guarda Mini · 19/05/2018 12:30 Agra II || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 17-43 Culleredo · 20/05/2018 10:00 Burgo || Premini Masc. 2ºDiv: Jesuitinas 33-65 Básquet Coruña U10 · 20/05/2018 17:45 Sagrada Familia

Primer equipo | 17/05/2017 00:45

Novo duelo ao límite e derrota que apea aos laranxas dos playoff

Nuevo duelo al límite y derrota que apea a los naranjas de los playoff

O Leyma Coruña volveu deixarse a pel no seu quinto partido contra o Queixos Cerrato Palencia pero non logrou manter o soño dos playoff por máis tempo durante a presente tempada, ao ceder na pista de Villamuriel cun resultado final de 83-77, os números máis baixos en toda a serie de cuartos para ambos os equipos.

Os de Tito Díaz volveron dar mostras do espírito competitivo que os fai tan grandes, loitando ata o último momento por unha remontada da que quedaron moi preto, tras haberse ido ao descanso dez puntos abaixo e ir recortando distancias na segunda parte.

O adestrador laranxa felicitou ao Queixos Cerrato Palencia polo seu pase a semifinais -será o rival do Unión Financeira Baloncesto Oviedo- e tamén ao seu equipo "por como se levantou hoxe e despois de cada derrota" nunha eliminatoria espectacular, moi disputada e na que a escuadra coruñesa podería ser tan xusta vencedora como a castelá.

"Traballamos moi ben en defensa na segunda parte, dominamos o rebote, habemos ido recortando e puxémonos a tres puntos nos últimos minutos, cando nos faltou un pouco de acerto, que eles si tiveron e iso decidiu un partido igualado", sinalou Tito Díaz, despois de destacar especialmente as altas porcentaxes de triplos finalizados por parte do rival -48 por cento-, moitos deles tiros ben defendidos que aínda así vían aro, e tamén a correcta arbitraxe desta noite.

O Leyma Coruña regresa a casa coa cabeza moi alta, porque unha vez máis demostrou o seu talento e ambición, o seu espírito de equipo e a súa capacidade para facer soñar a unha cidade con alcanzar metas máis altas na competición nacional. A próxima tempada queremos seguir volvéndonos tolos. #sentimentolaranxa

Documentos adjuntos

tito-diaz-post-quinto-partido.m4a







Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahouduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsaobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiawibociudad cristalhorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalariotony lebrandjamonerías el pinarautocares j pombojamoneria sieiroturismo coruñaconsultoría industrial