Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Actividades | 12/11/2019 13:38

Nova edición do CAMPUS NADAL 2019

Nueva edición del CAMPUS NADAL 2019

O Básquet Coruña celebrará unha nova edición do seu Campus Nadal 2019. Esta edición celebrarase os días 23, 24, 26 e 27 de decembro, e 30, 31, 2 e 3 de xaneiro, podendo inscribirse en cada unha das semanas ou ambas.


A actividade lúdico-deportivo que abre hoxe martes 12 as súas inscricións, é un campamento que busca a promoción do baloncesto nun contexto de lecer e diversión e está dirixido a nenos e nenas nacidos entre 2005 e 2014.


Os participantes agruparanse por grupos de idade e nivel, favorecendo así o gozar e maior aproveitamento do Campus. O horario será de 09.30 horas a 14 horas, con opción de madrugadores, desde as 08.30 e desenvolverase no polideportivo da Normal (Antigo Maxisterio). Ao mesmo acudirán xogadores do primeiro equipo de LEB Ouro que participarán activamente nas actividades e cos participantes.


O campamento desenvolverano monitores e adestradores con formación específica en baloncesto e nas sesións o obxectivo será a mellora dos fundamentos técnico-tácticos, sen esquecer o compoñente de diversión.


O Campus conta cun seguro de accidentes para poder facer fronte ás atencións médicas que puidesen ser necesarias durante a celebración do mesmo.


Desde o Básquet Coruña convidámosvos a anotarvos ao noso Campus de Nadal e gozar este Nadal dunha experiencia formativa que aúna baloncesto e diversión. Esperámosvos!
Inscríbeche en: http://www.basquetcoruna.com/es/actividades/campus










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city