Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: Leyma Coruña - Marín Peixegalego · 01/03/2020 18:00 Palacio de los Deportes de Riazor || Senior Fem. 2ªDiv: Compañía de Maria - Basquet Coruña Leyma S · 29/02/2020 20:00 Compañía de María Santiago || Senior Masc. 3ªDiv: Básquet Coruña S - CB Laracha M3 · 29/02/2020 18:00 Polideportivo Riazor 2 || Junior Masc. 2ªDiv: Santo Domingo Betanzos - Básquet Coruña J · 01/03/2020 17:00 Polideportivo Municipal Betanzos || Junior Fem. 1ªDiv: KFC Costa Artabra - Básquet Coruña Leyma J · 01/03/2020 17:00 Polideportivo Javier Gómez Noya || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U17 - Baloncesto Narón · 01/03/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Junior Masc. 2ªDiv: Club Baloncesto Cambre - Básquet Coruña U18 · 01/03/2020 10:00 Sofía Toro Municipal Cambre || Cadete Fem. 2ªDiv: Maristas Cristo Rey - Básquet Coruña Leyma C · 29/02/2020 20:30 Colegio Maristas || Cadete Masc. 1ªDiv: KFC Culleredo - Básquet Coruña C · 29/02/2020 10:00 Pabellón O Burgo || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 - Xestoría Queijo Xiria Artai · 29/02/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 2ªDiv: Dominicos Cadete Masculino - Básquet Coruña U15 · 01/03/2020 19:00 Colegio Dominicos || Cadete Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U16 - KFC Culleredo · 01/03/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Santo Domingo Betanzos - Básquet Coruña I · 29/02/2020 12:00 Pabellón Municipal Betanzos || Pre-Inf Masc. 1ºDiv: Maristas Coruña - Básquet Coruña U13 · 29/02/2020 12:00 Colegio Maristas || Infantil Fem. 2ªDiv: Maristas Cristo Rey - Básquet Coruña Leyma U14 · 29/02/2020 16:00 Colegio Maristas || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - Santo Domingo Betanzos · Aprazado || Minibasquet Fem. 1ªDiv: Ensino Lugo - Básquet Coruña Leyma U12 · 29/02/2020 10:00 Pazo de Anexo 2 || Minibasquet Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña U12 - Peleteiro · 29/02/2020 16:00 Polideportivo Ventorrillo || Minibasquet Masc. 2ªDiv: Obradoiro Masc - Básquet Coruña U12/11 · 01/03/2020 17:30 Polideportivo Sagrada Familia P-1 || Infantil Masc. 2ªDiv: Carniceria Daniel Artai EBX - Básquet Coruña U13/14 · 29/02/2020 12:00 Parga Pondal || Minibasquet Masc. 2ªDiv: CD Rosales EPB - Básquet Coruña U11 · 29/02/2020 09:30 Polideportivo Agra II P-1 || Minibasquet Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Alevín - Franciscanos Coruña Masculino · 01/03/2020 17:30 Polideportivo Agra II P-1 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Santa Maria del Mar Alevín Femenino B - BC Montespiño Alevín · 01/03/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-3 || Minibasquet Mixto 2ºDiv: BC Eusebio da Guarda Alevín - Santo Domingo Betanzos Sada · 29/02/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-1 || Infantil Fem. 2ªDiv: KFC Culleredo - BC Montespiño Infantil · 29/02/2020 10:00 IES Sofía Casanova || Premini Fem. 2ºDiv: Básquet Coruña Leyma U10 - Santa María del Mar Benjamín Fem Blanco · 29/02/2020 12:30 Polideportivo Agra II P-3 || Premini Masc. 2ºDiv: Básquet Coruña U10 - Club Baloncesto Cambre · 29/02/2020 09:30 Polideportivo Agra II P-2 || Premini Masc. 2ºDiv: Montrove Azul - Basquet Coruña U9 · 01/03/2020 11:00 Polideportivo Agra II P-2 || Minibasquet Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U11 - Santa Maria del Mar Alevín Fem A · 29/02/2020 16:00 Polideportivo Agra II P-3 || Infantil Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Infantil - Santa María del Mar Infantil Masculino A · 01/03/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: Compañía de María - Básquet Coruña Inf U14/13 · 01/03/2020 17:00 Pabellón Colegio Compañía de María || Premini Fem. 2ºDiv: Compañía de María - Basquet Coruña Leyma U10/9 · 01/03/2020 19:00 Polideportivo Sagrada Familia P-2

Equipos base | 06/07/2017 12:15

"Non haberá dous sen tres. Ata pronto!


Javi Rodríguez, adestrador do club en diferentes categorías durante varios anos, decidiu emprender un proxecto deportivo diferente, pero antes quixo despedirse da familia laranxa. Sabemos que é un ata logo, porque no club deixa o seu pouso e porque sabemos que o seu gran corazón continúa bombeando sangue laranxa. Desexámoslle moita sorte na súa nova singradura.

"A semana pasada púxose punto final a esta segunda etapa como adestrador nos distintos equipos do Club Basquet Coruña. A primeira transcorreu de forma ininterrompida durante sete tempadas, entre a 97/98 e a 03/04. Esta segunda desenvolveuse durante cinco tempadas, entre a 12/13 e a 16/17. Sumando ambas as etapas puiden colaborar en 12 das 21 tempadas de vida do club e síntome un privilexiado por este motivo.

Durante o percorrido puiden gozar de equipos en todas as categorías e mesmo asumín funcións de Coordinación de Categorías de Formación e ata de Dirección Deportiva. Desde esa óptica atrévome a afirmar, sen ningún xénero de dúbida, que o noso Club é unha das estruturas deportivas máis completas da nosa Comunidade Autónoma, sendo un orgullo para min poder representalo na pista desde os benjamines ata o primeiro equipo.

Desta segunda etapa lévome o maxistral ensino do grupo de pais e nais da xeración do 98, a dura aprendizaxe de dirixir un equipo novo nunha categoría semiprofesional, o Baloncesto en estado puro vivido esta tempada cos benjamines e por suposto o terceiro ascenso gozado co noso escudo, neste caso á liga EBA co equipo filial.

Foron cinco tempadas inesquecibles e sobre todo o reencontro cun club ao que lle dediquei moitas horas ao longo da miña vida. Seguro que me esquecerei de alguén e pido desculpas de antemán, pero quero mostrar a miña gratitude e recoñecemento a toda a familia laranxa:

- os membros da directiva, representados no tres presidentes cos que convivín, con especial recordo para Carlos Lamora, pois no previo dun España vs Arxentina abriume as portas de volta ao club. Pasando polas marabillosas reunións con Lopi e Carlos López, ata a etapa actual de solvencia e estabilidade protagonizada polo equipo capitaneado por Juan Carlos.

- os traballadores do club, representados polos dous xerentes, Nacho e Miguel, que tantas horas dedican a facernos a vida máis fácil aos adestradores e xogadores.

- as familias dos xogadores, que con tanta dedicación e paixón entréganse ao ingrato labor de facer posible a conciliación entre estudos, familia, traballo e baloncesto. Tiven oportunidade de compartir moitas horas de reflexión, convivencia e goce con pais e nais, pero o grupo do 98 e en especial os momentos con Manolo Rei son outro deses tesouros do botín deste cinco anos.

- os adestradores e adestradoras cos que puiden seguir aprendendo sobre o noso deporte. En especial aqueles que tiven máis próximos, desde Perico Díaz, Charly, Gus, Fernando Buendía, Óscar Latexe... ata o catro axudantes cos que compartín banco: Iago Mariñas, Laura Núñez, Toni Amado e moi especialmente Edda Beltrán.

- os xogadores, os máis de 80 xogadores implicados nos equipos ás miñas ordes nesta segunda etapa, representados polos seus capitáns Manu Loira, Xoan Eiras, Pablo Nogueira e o que é para min o exemplo de xogador prototipo do que podemos esperar do traballo coa base: Rubén Rei.

A todos eles o meu agradecemento. A próxima tempada cumprirei 20 anos nos bancos e a miña vida deportiva pide afrontar agora retos fose do club, como xa ocorreu con anterioridade no Colexio Videlba, o CB Viveiro, o CB Cambre ou o CB Sarria, pero o sangue laranxa seguirá en casa coa seguinte xeración, que xa esta tempada que termina defendeu a nosa camiseta na pista.

Son do Basquet Coruña, leste é o meu club, sinto moi orgulloso diso e teño pleno convencemento de que os nosos camiños se volverán a cruzar por terceira vez. Un forte abrazo a toda a familia laranxa. VÉMONOS NAS CANCHAS!"









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiaagra das mil medaswibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city