Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Equipos base | 04/01/2016 16:56

Nadal (Torneo Don Bosco) na capital da cidade das Burgas.

Navidad (Torneo Don Bosco) en la capital de la ciudad de las Burgas.

Toda unha experiencia. A viaxe ata o colexio Salesianos dábanos unha pista do que pasaría despois na cancha, o temporal fué o protagonista das dúas horas e media que duraba o noso desprazamento.

No primeiro partido o noso rival parecía claramente superior a nós tendo en conta que participa na liga Galega, e o foi, aínda que non tanto como como eles pensaban. Vitoria clara de Branco Amor Baloncesto sobre Basquet Coruña, non exenta de pinceladas positivas que engadir ao noso portafolio.

A comida e o tempo de espera ata o seguinte partido fíxoselle longo ao equipo, que botaba de menos aos mozos que por diferentes motivos non nos puideron acompañar (tamén no xogo), e que arrefriou os ánimos do grupo.

Esa longa espera que deparou o calendario converteuse na nosa treboada particular, e o cansazo e algúns problemas físicos engadidos converteron o segundo choque nun atropelo.
Segunda derrota no torneo, esta vez moito máis clara e dolorosa ante o anfitrión Salesianos Don Bosco, tendo en conta que se prevía un encontro máis igualado.

Outro pasito, duro, pero esclarecedor, no difícil camiño á aprendizaxe e crecemento como persoas que seremos no futuro, e que á vez completará a nosa bagaxe como participantes protagonistas deste marabilloso deporte que é o baloncesto.

!Parabens e Bo Ano Novo!

 








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro