Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Senior Masc. 3ªDiv: Idefic Imatia Básquet Coruña - Trebons Basket Club · 31/01/2020 21:00 Polideportivo La Normal || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - TRebóns Basket Club - Esclavas · 02/02/2020 12:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña C - Ensino Lugo · 02/02/2020 19:00 Polideportivo Riazor 2 || Cadete Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U15 - Santa Maria del Mar Cadete · 02/02/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 1ªDiv: Básquet Coruña I - KFC Culleredo · 31/01/2020 18:20 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - Obradorio Fem 2º Año · 02/02/2020 10:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma U14 - Obradoiro Fem 1º Año · 01/02/2020 12:00 Polideportivo Ventorrillo || Infantil Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña U14 - Obradoiro Masc · 02/02/2020 10:00 Polideportivo Riazor 2 || Infantil Masc. 2ªDiv: BC Cristo Rey Infantil - Basquet Coruña INF 14/13 · 01/02/2020 18:00 Polideportivo Riazor 2

Primer equipo | 06/05/2019 14:34

Mirza Bulic, Xogador 5 Estrelas Mahou da segunda volta

Mirza Bulic, Jugador 5 Estrellas Mahou de la segunda vuelta

Mirza Bulic recibiu o premio Xogador 5 Estrelas Mahou do Leyma Coruña da segunda volta, galardón que outorga a cervexeira Mahou, un dos patrocinadores do club laranxa.

Unha distinción ao seu traballo que recibiu de mans de Daniel Capelete, xestor de Mahou, nun acto con presenza dos medios de comunicación, que tivo lugar na sala de prensa do Palacio dos Deportes de Riazor, sede do Leyma Coruña nos seus partidos como local.

Mirza mostrouse moi contento co seu galardón de Xogador 5 Estrelas Mahou, aínda que para el o máis importante ?é non pensar na estatística individual. É verdade que estiven a traballar cada día duro, xogando co corazón e deixando todo o que tiña na pista. E este premio é como un ?grazas? por parte de todos vós, da xente de Coruña e son moi feliz por gañalo?.

Cre que este ano no Leyma Coruña puido marcar para el un punto de inflexión. ?Individualmente foi o mellor ano na miña carreira seguro, pronto saberemos se iso vai servir para facer cousas grandes. No colectivo faltounos un pouquiño para facelo mellor?.

Tivo palabras para a afección laranxa: ?Mil grazas a todos os que viñeron apoiarnos en cada partido en casa, nunca estiven nun equipo onde houbese tanto corazón. Sei que aquí en Coruña o primeiro deporte é o fútbol co Deportivo pero as 3000, 4000, 5000 persoas en cada partido eran algo incrible e penso que cada ano vai estar máis e máis cheo, porque á xente desta cidade gústalle o baloncesto. Eu só quero dicirlles que moitas grazas por estas connosco cada día e aínda máis cando estivemos abaixo e tiñamos problemas, porque iso é unha cosita pequena que fai a un club grande e axúdache moito como adestrador e como xogador?.

Premio Xogador 5 Estrelas Mahou

O talentoso á-pivote, foi un dos destacados no Araberri que ascendeu de Leb Prata a Ouro na 2015-16 e este curso ha ido crecendo co paso das xornadas no Leyma Coruña.

A súa polivalencia e a súa capacidade para defender aos catros da súa categoría tiveron o seu culmen a pasada xornada 21, no duelo ante o CB Prat, cando se converteu no MVP de Leb Ouro con 42 puntos de valoración, froito de 28 puntos (3/4 TL e 11/14 en TC), 7 rebotes, 4 asistencias, 2 recuperacións e 6 faltas recibidas.

Dos máis valorados en moitas xornadas no Palacio dos Deportes de Riazor, a afección laranxa premiouno cos seus votos no Twitter do club para convertelo no Xogador 5 Estrelas Mahou.

 









non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda citymarineda city