Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: LECHE RIO BREOGAN - Leyma Coruña · 20/09/2019 18:00 A RAÑA, MARÍN || Junior Masc. 2ªDiv: Básquet Coruña J - C.B NOIA LOLITAMODA.COM · 21/09/2019 10:00 FONTIÑAS, SANTIAGO DE COMPOSTELA || Junior Fem. 1ªDiv: Básquet Coruña Leyma J - Compañía de Maria · 22/09/2019 12:00 RIAZOR 2, A CORUÑA || Cadete Fem. 2ªDiv: SEIS DO NADAL-COIA - Básquet Coruña Leyma C · 21/09/2019 20:00 NAVIA, VIGO || Infantil Fem. 2ªDiv: Básquet Coruña Leyma I - PORTO DO SON · 22/09/2019 17:00 RIAZOR 2, A CORUÑA

Primer equipo | 17/06/2019 12:04

Mirza Bulic, primeira renovación do Leyma Coruña 2019/20.

Mirza Bulic, primera renovación del Leyma Coruña 2019/20.

Unha semana despois da contratación do novo técnico que liderará o Leyma na Leb Ouro, comeza a tomar corpo o persoal coa renovación de Mirza Bulic, un dos xogadores mais aclamados pola afección durante a pasada tempada.

A á-pivot bosníaco recalou nas filas do Leyma Coruña a pasada tempada tras 3 anos xogando en diferentes equipos da Leb Prata e Ouro. Nas súas primeiras declaracións tras a súa contratación polo Leyma Coruña manifestaba con total confianza que a 2018/19 sería a súa mellor tempada. E non se equivocou en absoluto. Nun ano difícil para o equipo pola praga de lesións, Mirza Bulic asumiu o liderado na cancha en moitos dos partidos disputados, chegando a proclamarse na xornada 21 MVP da Xornada. Esa xornada a á-pivot concluíu cunha valoración de 42 puntos, tras anotar 28 puntos (8/11-T2 e 3/3-T3, ademais de 3/4-T1), capturar 7 rebotes, dar 4 asistencias, roubar 2 balóns e recibir 6 faltas. Pechou o curso sendo o xogador máis destacado do equipo cunha valoración media de 13,6 puntos tras disputar 26,3 minutos por partido, anotando 11,2 puntos e capturando 6 rebotes, destacando un 41,5% de acerto en T3 (34/82), unha cifra notable para unha á-pivot.

O seu crecemento como xogador chamou a atención de moitos equipos que ansiaban facerse cos seus servizos para mellorar o seu nivel competitivo de face á nova tempada. Finalmente, o Leyma Coruña logrou seducir coa súa proposta deportiva e proxecto ao xogador, non exento de sacrificio pola súa banda, e que valorou moi positivamente continuar ligado ao club no que máis destacou, e nunha cidade e unha afección coa que se sentiu identificado.

Con esta contratación o Leyma retén a un alicerce básico do novo proxecto e un xogador moi do gusto dos afeccionados laranxas, e inicia da mellor forma posible a formación do persoal para a próxima tempada.

O club exerce a non extensión do contrato de Ty Sabin, Axel Louissant e Braxton Ogbueze.

O Leyma exerceu a opción de non extensión do contrato que tiña sobre os xogadores Ty Sabin, Axel Louissant e Braxton Ogbueze que formaron parte do equipo a pasada tempada. O club quere agradecer a profesionalidade demostrada polos 3 xogadores durante a súa estancia en Coruña, destacar a súa calidade humana, esforzo e compromiso, e desexarlles moito éxito nas súas carreiras deportivas.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro