Mike Torres novo xogador do Leyma Coruña

O xogador hispano-dominicano de 22 anos procede do C.D.E Albacete Basket que competiu a pasada campaña na liga LEB, onde xogou como base e escolta.

A súa media durante a tempada estivo nos 10 puntos, 4 rebotes, 2 asistencias e unha recuperación, para unha valoración de 10 puntos, o que lle levou a estar na lista de desexados de moitos clubs.

Na súa traxectoria máis recente, ademais do club albaceteño na pasada campaña, defendeu as cores do Club Baloncesto Villarobledo de Liga EBA (2015-2016) e do Club Básquet Castedefells tamén de Liga EBA (2014-2015).

Estamos por tanto ante a primeira oportunidade de Mike de desenvolver o seu talento en LEB OURO. Coa súa mocidade e a súa 1´86 Torres chega para achegar unha gran capacidade no 1x1, correr o campo e finalizar, pero tamén a pausa necesaria para parar e facer xogar ao equipo. No outro lado da pista falamos dun xogador moi intenso en defensa, que é sempre moi incómodo para os seus atacantes.

Todas estas características, ademais da súa capacidade física, fan presaxiar unha campaña de crecemento continuo no Leyma Coruña.