Os máis pequenos do Club Básquet Coruña tamén son protagonistas este fin de semana, unha vez que os dous equipos premini masculino e feminino de 2007 lograron chegar á parte final da tempada como campións das súas respectivas ligas zonais, e cando arrinca a liga FGB, na que participarán as mellores escuadras galegas desta idade, organizados en catro grupos de catro equipos.
O formato de competición desta liga autonómica é de 6 partidos ida e volta, xogados en formato concentración en tres sedes, disputando unha xornada pola mañá -2 partidos- e outra pola tarde -2 partidos-.
O club laranxa é o responsable de organizar a primeira concentración nas dúas categorías, masculina e feminina, polo que durante todo o sábado as polideportivas de Riazor 1 e 2 acollerán o mellor espectáculo de pre-minibasket de Galicia.
Os horarios dos partidos serán ás 10:00 e ás 12:00 pola mañá e ás 17:00 e ás 19:00 pola tarde.
Os laranxas xogarán na Polideportiva 2, co seguinte horario:
10:00 Cluny-Básquet Coruña Leyma 07 (Feminino)
12:00 Básquet Coruña 07-Rosalía Pio XXII (Masculino)
17:00 Peleteiro Branco-Básquet Coruña Leyma 07 (Feminino)
19:00 Peleteiro Branco- Básquet Coruña 07 (Masculino)
Estas son os persoais dos conxuntos coruñeses:
BC Leyma 07, adestrado por Alberto Vázquez: Mariña Casais Romeu, Abril Ces Sánchez, Esperanza Díaz Saes, Irene Díez Álvarez, Carolina Esmorís Hermo, Idoia Filgueira Mañá, Alba García Barreiro, Irene García Méndez, Irene García Pan, Sabela Martín Lalinde, Marta Novas Ogen, Clara Pose Gago, Celia Pouse Gago, Chloe Rodríguez Fernández, Carla Vázquez Roca.
BC 07, adestrado por Javier Rodríguez e Iago Mariñas: Joel Carregado Martínez, Xoan Eiras Mouzo, Pablo Fraga Vidal, Diego Graza Gómez, Javier López Valcarce, Antón Lorenzo Portela, Jorge Martín Moreno, Lorenzo Sánchez Vázquez, Teo Soto Martínez, Gonzalo Vázquez Rodríguez, Daniel Villar García.
Imos laranxas!