Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
LEB ORO: B THE TRAVEL BAND Mallorca PALMA - Leyma Coruña · 08/12/2019 18:00 Palma de Mallorca || Senior Masc. 3ªDiv: TREBONS - Idefic Imatia Básquet Coruña · 04/12/2019 21:00 Pabellón Arsenio Iglesias || Infantil Masc. 2ªDiv: Montrove - Básquet Coruña U13/14 · Aprazado

Primer equipo | 02/04/2016 02:09

Os laranxas xa pensan nos playoff tras a vitoria de hoxe ante o Barcelona Lassa

Los naranjas ya piensan en los playoff tras la victoria de hoy ante el Barcelona Lassa

O Leyma Básquet Coruña xa se ve na loita polo ascenso á ACB. No partido desta noite en Riazor contra o FC Barcelona Lassa, o conxunto coruñés deu un paso practicamente definitivo para asegurarse un posto de playoff, ao lograr remontar na recta final un partido que parecía feito a medida dos culés.

Estes dominaron e xogaron comodamente durante a primeira parte ante unha discreta defensa local, como recoñeceu o técnico laranxa Tito Díaz ao finalizar o encontro. O paso por vestiario no descanso foi decisivo: "sabiamos que se seguiamos xogando así estabamos a facer o partido que quería o Barcelona, polo que saímos moito máis agresivos en defensa, cambiando, presionando, quedando en zona, saíndo nos directos, o que nos deu máis ritmo en ataque", sinalou Tito Díaz.

Certamente, o xiro permitiu aos locais frear o ritmo anotador dos blaugranas e desenvolver o seu xogo rápido en toda a pista, ata lograr porse por diante no marcador no último cuarto. Minutos finais que souberon a gloria a unha afección entregada e especialmente numerosa, que non cesou de vitorear e levantar ao seu equipo, quen á súa vez quixo e puido responderlle cunha desexada vitoria en casa (76-71) tras a última derrota en Riazor fronte ao Oviedo.

Ademais da boa actuación colectiva, Tito Díaz quixo destacar a achega de Jesús Castro e Dago Pena, xogadores que -ben por lesión ou porque aínda non formaban parte do equipo- non participaron na primeira parte da liga e agora están a achegar enerxía e novas variantes de xogo.

Finalmente, o técnico do Leyma Básquet Coruña asegurou que "hoxe conseguimos dous obxectivos, practicamente entrar no playoff e enganchar a máis xente ao baloncesto" e, con respecto ao primeiro, asegurou que, máis que conseguir o factor cancha, o importante de cara á disputa polo ascenso á ACB é chegar ben como equipo, con todos os xogadores en forma.

Mentres tanto, máxima atención aos dous últimos partidos, fronte ao Planasa Navarra e o Actel Força Lleida. O sentimento laranxa mira cara arriba.










non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostaraltiawibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pomboarkivoltatermariaad grupo regueiraaurencentro negocios finisterred calvodos deportegalimascota tanatoriosmarineda city