Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información

Primer equipo | 13/02/2016 10:08

Os laranxas conquistan a cancha do San Pablo Inmobiliaria Burgos e seguen en ascenso

Los naranjas conquistan la cancha del San Pablo Inmobiliaria Burgos y siguen en ascenso

O desexo de Tito Díaz fíxose realidade: os seus acaban de escalar con éxito o terceiro ochomil consecutivo. Despois de vencer ao Breo e á Palma, o Leyma Básquet Coruña sumou esta noite unha nova vitoria fronte ao San Pablo Inmobiliaria Burgos, e fíxoo no Plantío, remando contra corrente dunha afección que o dá todo polo seu equipo. Resultado final: 82-86.

Deste xeito, o conxunto herculino segue subindo postos na táboa -agora na sétima posición- e reforzando as súas posibilidades de pelexar polos postos de ascenso. Na vitoria de hoxe tivo especial significado o bo xogo de Sergio Olmos (21 puntos de valoración), un ex azulón que por primeira vez volvía como rival á súa antiga casa, que tamén o foi do noso capitán Jesús Castro.

Entre as claves do triunfo estivo o dominio do rebote por parte dos coruñeses (21 dos locais fronte a 38 dos visitantes), a súa capacidade para impor o seu estilo de xogo rápido na maior parte do partido, e o seu bo nivel de concentración. Este último permitiulles non baixar o pulso cando os burgaleses remontaron no marcador e obtiveron a máxima vantaxe ao seu favor (60-56) no terceiro cuarto, o de menor anotación dos visitantes, que case sempre foron varios puntos por diante.

Volta a casa cun novo grao de confianza e o desexo de prolongar ao máximo a boa serie, e sen perder de vista o próximo obxectivo inmediato: Amics Castelló, domingo 21 en Riazor, ás 12:00 horas. Esta vez a afección empuxará a favor.

Documentos adjuntos

tito-diaz-post-partido-j21.mp3








non á violencia de xénero

Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro