Esta web emprega cookies. Se continúas navegando estarás a aceptar o seu uso. Máis información
|| Infantil Fem. 2ªDiv: Compañia de María - Básquet Coruña Leyma I · 15/06/2019 12:00 Lorenzo de la Torre, Santiago

Primer equipo | 07/01/2017 16:33

Os de Tito Díaz tentarán gañar en Marín o primeiro partido a domicilio do 2017

Los de Tito Díaz intentarán ganar en Marín el primer partido a domicilio del 2017

Tras a vitoria deste mércores en Riazor contra a Maxia Huesca, o Leyma Coruña desprázase mañá domingo á casa do Marín Peixegalego para tentar que o primeiro duelo fóra da Coruña nesta segunda volta recentemente estreada acabe tamén con vitoria. Ás 20:00 horas, os laranxas veranllas cunha pista difícil, tendo en conta que os locais estarán extra motivados por tratarse dun derbi na súa casa e por tanto ante a súa fiel afección. Pero os de Tito Díaz non estarán sós porque o club herculino desprazará un autobús cargado de sentimento laranxa.

Na roda previa do encontro, o técnico do conxunto coruñés explicou que, do mesmo xeito que o pasado ano, o Marín Peixegalego apóiase nun núcleo de cinco xogadores con moita personalidade e experiencia, que xogan moitos minutos por partido, bos tiradores, con gran confianza e especialmente se están na súa cancha. Trátase da base José Simeón, os beirados Andrés Miso e Tim Derksen, o pivote Jason Cain e, como falso catro, Javi Múgica. Xunto a eles, con menor protagonismo, o persoal complétana a base Manu Ferreiro, os beirados Albert Homs e Gregorio Adon, o escolta Emilio Oubiña, a á pivote Marc Bauzá e o pivote Mario Cabanas.

Aínda que ultimamente os marinenses están a verse afectados as lesións e as dúbidas derivadas de ocupar un posto baixo na táboa, o adestrador do Leyma Coruña non esquece o perigo do rival na súa cancha, onde os seus resultados son moito mellores que a domicilio. Por iso, pide aos laranxas un bo balance defensivo, tendo en conta o notable xogo a campo aberto que exercen os locais, así como unha alta concentración para frear os posteos dos seus beirados e o xogo de face dos seus pivotes. E, sen dúbida, gañar a batalla do rebote, o talón de Aquiles dos coruñeses: "concedemos máis de 12 rebotes de ataque por partido, temos que mellorar isto e fóra de casa máis, se queremos competir", sinala Tito Díaz, aínda que considera que os seus non o fixeron mal fose da Coruña na primeira volta, tendo en conta que de nove partidos xogados lonxe de Riazor, catro foron vitorias, e nos perdidos contra Castelló e Cáceres houbo claras opcións de gañar.

Agora vén o momento da verdade, a segunda volta, e o Leyma Coruña apunta alto, polo que os de Tito Díaz tentarán regresar de Marín co marcador a favor, porque "colocaríanos mirando outra vez ao grupo de cabeza e sería un bo reforzo á vitoria que conseguimos o mércores aquí", lembra o preparador laranxa.

Documentos adjuntos

tito-diaz--previa-j19.m4a








non á violencia de xénero
Deseño Web Duacode




federación española de baloncestofederación galega de baloncestodeporte galegoxunta de galiciaayuntamiento de a coruñadeputación da coruñamahougbs financeduacode. software y diseño. mezclado, no agitado.fundación emalcsadeporte solidarionon á violencia de xéneroobra social la caixaimaxin softwareaudasatranviascaixabankiberostarcoca colaaltiabanco sabadellwibohorno sanbrandanabeconsamastilquirón grupo hospitalarioautocares j pombojamoneria sieiro